Paliar o impacto da crise causada polo Covid19 na frota pesqueira galega

Información
22 Marzo 2020
social youtube xornalgalicia   feed-image

Ana Miranda, defende a activación do Fondo Europeo e Marítimo de Pesca (FEMP) para paliar as consecuencias da paralización das actividades pesqueiras e marisqueiras que poden sufrir estes sectores en Galiza. “Somos conscientes de que por unha banda boa parte dos profesionais destes sectores necesitan parar para evitar a enfermidade, pero por outro lado sabemos que a súa preocupación polo impacto na economía das familias é máximo”, explica.

 

Ana Miranda fai referencia, por un lado, aos prexuízos que pode causar o paro da frota galega posto que se trata dun sector estratéxico da economía galega no abastecemento de alimentos; e, por outro, ao incremento das dificultades que sofren os colectivos de redeiras e mariscadoras. Considera que á desprotección que padecen habitualmente, -que tal e como xa ten denunciado o Bloque traballan nunhas condicións xa de por si moi difíciles e que non son incluídas no sector do mar-, súmase agora os riscos de contraer a enfermidade causada polo coronavirus ao non contar en moitos casos con equipos de protección adecuados nin poder manter a distancia de seguridade.

“Tendo en conta esta situación desde o BNG pensamos que é imprescindible activar e flexibilizar o Fondo Europeo e Marítimo de Pesca”, subliña a portavoz do Bloque en Europa, quen defende que as axudas por cese temporal de actividade deben incluír claramente a corentena. Segundo explica deben realizarse modificacións lexislativas urxentes de forma que o actual FEMP inclúa a posibilidade de recibir axudas polo cese temporal de actividade, por afección directa (corentena) ou indirectas debido a factores comerciais como a imposibilidade de venda en moitos lugares, polo que tamén é necesario contemplar axudas para o almacenamento de produtos do mar.

Garantir as medidas de protección

Miranda considera que así mesmo debe reprogramarse o programa estatal e que o Estado solicite a Bruxelas que a cota de 2020 non usada por esta crise poida pasar ao ano seguinte. Ademais, o BNG considera imprescindible garantir as necesidades de barcos e tripulacións como o material que esixen os protocolos de saúde e hixiene axustados a cada frota, garantir o movemento de tripulacións entre embarcacións e cidades de orixe e esixir que haxa nos barcos e lonxas as medidas de protección imprescindibles, como máscaras e luvas.

"O sector do mar non pode ser abandonado polas administracións xa que é estratéxico en Galiza e del viven moitas familias. Ten un especial impacto na nosa economía, polo que consideramos urxentes as medidas de seguridade sanitaria e as axudas económicas", conclúe a portavoz do Bloque en Europa.

Administrar una empresa en la era digital puede parecer una tarea dificil, pero con las herramientas adecuadas, se convierte en un proceso manejable y hasta gratificante. La tecnología ha avanzado a...

Corría la noche del 14 de abril de 1912 cuando el Titanic sufrió su fatídico accidente. El barco, un buque “insumergible” de 269 metros de eslora y un peso de 46000 toneladas, zarpó con más de dos...

Las ventajas de contar con un buen software ERP son más que conocidas. Eficiencia, mejora en la productividad y ahorro de costes operativos son solo tres de ellas. Hacerlo posible gracias al Kit...

  AltaLingua cumple 17 años ofreciendo servicios lingüísticos integrales a todos los idiomas. AltaLingua trabaja desde 2005 con la visión de convertirse en una agencia de referencia en el...