Agricultura y Pesca sanciona a Lacteas del Atlántico S.L y a Celega S.L por contaminación reiterada del Río Pesquerias en Lugo

Información
05 Enero 2017
social youtube xornalgalicia   feed-image

Como viene denunciando Pladesemapesga en el día de ayer hemos tendio acceso a un documento del Comisario de Aguas S.R D. Juan Novoa Rodríguez en el que apunta a duras sanciones en este momento en curso contra los denunciados al incumplir reiteradamente los vertidos al Río Pesquerías.

riodaminainfancia1

O río Pesqueiras é un afluente do Miño que nace nas proximidades de Escairón , capitalidade do Saviñao , na zona da Lama e na zona do Parque Empresarial . Despois dúns dous quilómetros pasa pegado á central láctea de Celega , para continuar uns 5 quilómetros despois ata o lugar de Pesqueiras , e dende alí iniciar o pronunciado descenso ata a desembocadura no Miño , xusto na base da presa de Belesar . 

        Este río foi couto de pesca ata hai uns 20 anos , no que a contaminación exerzeu de verdugo da vida piscícola , e nas súas marxes operaban ata sete muíños .

       Neste febreiro pasado , recibíronse na asociación multitude de queixas polo alarmante estado das augas que baixaban espumosas , e malolentes pese a gran cantidade de choiva caída . De feito as dúas fotos seguintes foron feitas por un veciño que vive nas proximidades do río , no lugar da Veiga , e úns 4 quilómetros e medio despois do paso do cauce pola central láctea de Celega .

        Tamén se comprobou o fedorento olor das augas o paso do río baixo a estrada e corredor rápido , á altura do desvio ó lugar de Vilamor e da confluencia do rego Saviñao , úns dous quilómetros e medio máis abaixo da central .riodaminainfancia5

        Na procura dunha denuncia efectiva desta situación , que se ven repetindo dende hai máis de 15 anos , a asociación ADEGA ineteresouse pola situación e ofreceuse para tratar de buscar unha solución . Coa intención de intentar a recuperación da vida ecolóxica deste rio , a asociación veciñal elabora este informe que aportará a asociación ecoloxista .

       Esta central láctea CELEGA , xa recibíu varias denuncias medioambientais , pero parece que é máis rendible o pago das multas administartivas que a solución definitiva do problema . Dende a veciñanza só pretendemos que a empresa invirta unha pequena porcentaxe dos seus beneficios na reposición das condicións naturais do río Pesqueiras .

     A empresa Celega orixinaria adicábase a produción de queixo , e xa daquela fora sancionada por Medio Ambiente . Actualmente , despois da sua venda , é unha pranta de almacenamento de leite onde conflúen unha gran cantidade de camións cisterna . Dende aquí é transportada ata Toledo .riodaminainfancia4

       O río Pesqueiras , pese a recibir a auga da depuradora de Escairón , baixa nun aceptable estado ata que se achega á central láctea de Celega . Proba delo son as fotos que aportamos , dúns 200 metros augas arriba da central , nas que se aprecia a vexetación ripícola habitual . Por elo consideramos á empresa Celega directamente responsable da contaminación actual e das últimas décadas , e supoñemos que non será dificil esta confirmación unha vez feita a analise das augas a  carón da central e cauce abaixo .

        A situación cambia a partir do punto en que o río bordea a central , unha vez pasado o muiño , que serve de referencia .

       A empresa conta con depuradora , pero esta non debe ser suficiente para depurar a cantidade de resíduo producido . Quizais o problema principal radique na gran cantidade de cisternas que diariamente son limpadas  na pranta , nas que se utiliza a sosa ,  e nalgúns casos acidos decapantes . A área de limpeza está ubicada na zona baixa da pranta , case que pegada ó río . É probable que non se esté a neutralizar as perigosas variacións de pH dos líquidos residuais .riodaminainfancia3

        Pouco mais abaixo do muiño a empresa fai a captación da auga , supostamente limpa , do cauce do río .

       Case que de inmediato , pódense ver dentro da pranta os dous chorros de verquido , o da esquerda é a saída da depuradora

        Seguindo o curso descendente do río , ó pouco vese o tubo de verquido ó cauce , que é o único “ visible “ de toda a pranta .

     Seguimos bordeando a pranta no sentido descendente . Vese a depuradora e a zona de lavado das cisternas , con un enmarañado de tuberias e gomas que conectan supostamente os residuos da limpeza coa depuradora .

        Aínda que vemos algún tubo derivado ata a caseta inferior que non pasa pola depuradora . A esta altura xa se nota no leito a falla de vexetación .

        Úns 60 metros abaixo xa se deixa notar a contaminación . Vese o leito totalmente “queimado” , tan só se ven unhas formas filamentosas ou algodonosas adheridas ó fondo , de cor nacarado – branquecino , quizais restos da vexetación morta . 12

        O aspecto das augas e do leito do río agrávase úns 100 metros abaixo da pranta , pois ademais das formacións branquecinas fixadas no fondo , tamén se ven outras flotando , incluso aparecen algunhas sólidas con aspecto de tripa . É dende aquí onde se aprecian tubos que baixan directamente da zona de lavado das cisternas , sen pasar pola depuradora .

       Seguindo o curso descendente do río , recorremos o tramo de 2 – 2 quilometros e medio , ata que o curso pasa baixo a estrada Monforte – Chantada , a altura de Vilatán . O aspecto é igualmente desolador , co leito exento totalmente de vexetación , vese o fondo inerte e tan só algúns restos de limo morto . Incluso as terras que foron anegadas nas medras invernais carecen de vida .

        Unha vez pasado o río baixo as estradas Monforte – Chantada , recibe un importante afluente : o río Saviñao , de parecido caudal . Ó pouco atópanse os muiños da Graña . No canal de carga repétese a mesma imaxe , fondo sen vexetación e restos dos limos mortos . Baixo os muiños as rochas vense desprovistas do musgo habitual . A partires daquí o río baixa máis rápido , pasando á veira do Churrasco Pepe , con similares características , pese ó novo caudal recibido .

       Úns catro quilómetros abaixo pasa rápido polo lugar da Veiga onde se dera a voz de alarma a inicios de febreiro . Agora non hai espuma , pero a vexetación fluvial segue sen aparecer , aínda que nas veiras xa se intúe vida .

       Pouco antes de iniciar o pronunciado descenso ata o Miño , 5 quilómetros augas abaixo da pranta , pasa polo lugar de Torno en Pesqueiras , máis sosegado e paralelo a unhas hortas . Aquí é o primeiro lugar onde se empeza a ver nacemento de vexetación no leito do cauce , o que indica que a recuperación é posible . Logo de pasar o lugar de Pesqueiras , repártese entre o cauce natural e o desvio que alimenta a minicentral hidroeléctrica , para caer case vertical ata desembocar no Miño , ós pés da presa de Belesar .

        Dende a asociación enviamos este informe a ADEGA , motivados non tanto pola denuncia da orixe da contaminación , senón máis pola necesidade de buscar a recuperación das condicións biolóxicas e da biodiversidade dun río ampliamente utilizado polo home dende sempre ata a actualidade . Para elo solicitamos da empresa Celega que executen as medidas correctoras necesarias para manter este río como algo vivo .

        En Escairón , a 6 de maio do 2016 .

Administrar una empresa en la era digital puede parecer una tarea dificil, pero con las herramientas adecuadas, se convierte en un proceso manejable y hasta gratificante. La tecnología ha avanzado a...

Corría la noche del 14 de abril de 1912 cuando el Titanic sufrió su fatídico accidente. El barco, un buque “insumergible” de 269 metros de eslora y un peso de 46000 toneladas, zarpó con más de dos...

Las ventajas de contar con un buen software ERP son más que conocidas. Eficiencia, mejora en la productividad y ahorro de costes operativos son solo tres de ellas. Hacerlo posible gracias al Kit...

  AltaLingua cumple 17 años ofreciendo servicios lingüísticos integrales a todos los idiomas. AltaLingua trabaja desde 2005 con la visión de convertirse en una agencia de referencia en el...