Información
Enviar por ; Correo electrónico

Rosa Quintana converte en un fiasco as campañas para os centos de familias de mariscadores e mariscadoras de Galicia.

Información
Diario Marítimo ; 08 Octubre 2020 ; 169 visitas
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

La Conselleira do Mar Rosa Quintana tiene a disposición un "funcionario" en  la Ría de Arosa con coches oficiales camuflados para "presuntos favores a  altos cargos del PPdeG" de mariscos decomisados. -

Lamentablemente, esta campaña que se acaba de iniciar está a resultar un fiasco para os centos de familias de mariscadores e mariscadoras da nosa ría, que estaban a agardar unha ceifa frutífera que lle permitira levar ás suas casas ese diñeiro necesario para vivir eles e outros que se benefician desta actividade.

Desde a plataforma Plademar pensamos que a natureza non pode dar máis do que ten, non pode producir ilimitadamente o que unha comunidade de persoas precisa para o seu sustento, sen a intervención oportuna da propia comunidade nese medio natural.

 

Ainda que teñamos o privilexio de contar cos bancos marisqueiros máis férteis de Europa, se non se lle presta a atención e axuda necesarias, se non se fomenta a produción neles, se non se combate a contaminación producida polo ser humano, calquer contratempo natural como pode ser a aparición dunha toxina ou unha riada, pode chegar a ser decisivo no resultado final dunha campaña.

Se a todo isto lle engadimos a falta da xestión indispensábel por parte da comunidade que explota esta riqueza, o resultado non pode coller por sorpresa a ninguen.

As campañas marisqueiras na ría de Noia, desde sempre, están nas mans do destino, dos fenómenos naturais e dos compradores e comercializadores do marisco. Exprésao ben claro o patrón maior da confraría en todas as declaracións aos medios de comunicación: a campaña vai ser boa se non hai toxina, se non hai estrella que coma o marisco, se non hai verdello que o afogue, se non hai riada e se o marisco o pagan ben.

Un dos elementos destacados desta campaña foi o prezo baixo que acadaron os mariscos, algo inusual nas primeiras semanas da colleita. Desde Plademar instamos por enésima vez ao Cabido da Confraría de Noia a que inicie os trámites perante a Consellaria do Mar, para implantar o sistema de venda online, gratuito, promovido pola Xunta de Galicia, poxas por internet con acceso a compradores de calquer cidade do Estado e Europa.