OS SOCIALISTAS CONSIDERAN UNHA “FELONÍA” QUE A XUNTA DEFENDA A SUPRESIÓN DA BASE DE SALVAMENTO DE CEE POLAS CONDICIÓNS METEOROLÓXICAS

Información
08 Marzo 2016 Galicia Imprimir Correo electrónico Compartir en redes sociales

Helipuerto CeeMarisol Soneira lémbralle ao goberno galego que “a súa obriga política, legal e moral é defender os intereses dos galegos e galegas por enriba dos dunha ministra amiga

 

Santiago de Compostela, 08 de marzo de 16. A deputada socialista Marisol Soneira cualificou de “felonía” a defensa por parte do goberno galego da eliminación da Base de Salvamento Marítimo de Cee en base a un informe sobre as condicións meteorolóxicas adversas. A deputada socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Pesca sobre esta polémica decisión que deixa indefensa unha das costas con maior tráfico e co maior número de sinistros de España.

Soneira acusa ao goberno galego de “facer o ridículo e dicir cousas que non son certas”, e lembroulles a súa “obriga política, legal e moral de defender os intereses dos galegos e das galegas por enriba dos dunha ministra amiga”. Ironizou recomendándolle ao goberno galego que instale a base de salvamento marítimo no aeroporto de Barajas “si o que buscan é que faga bo tempo”.{attachments}

A deputada da Costa da Morte lamentou a impasibilidade do goberno galego diante desta decisión da ministra Ana Pastor que vén botar por terra un compromiso posto en marcha polo goberno de Zapatero e que supuxo un investimento final de 1,5 millóns de euros.

Denunciou que Fomento “acaba de confirmar o que xa sabíamos: que nunca houbo intención de manter operativa esta base de salvamento, que nunca houbo a máis mínima intención de manter un helicóptero permanente e que a decisión xa estaba tomada dende que o presidente da Xunta tomou posesión en 2009”.

Engade que o Goberno galego “non ten a máis mínima intención de dotar a esta parte do territorio de medios de salvamento de resposta rápida, e que este tipo de decisións forman parte do modus operandi dos gobernos sostidos polo PP para cos habitantes da Costa da Morte e de toda Galicia”.

social youtube xornalgalicia   feed-image

anuncio mercado alimentos digital