Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Delegados de UGT, CIG e CSI.F denuncian que os botes de rescate e auxiliares das embarcacións “Irmas García Nodal” ou “Sebastián O Campo” están facendo traballos fora da legalidade

Delegados de UGT, CIG e CSI.F denuncian que o servizo de vixilancia pesqueira da subdirección xeral de Gardacostas, consellería de Medio Rural e do Mar da Xunta de Galicia, está a sufrir un ataque por parte dos seus xefes no senso de ordenar traballos fora da legalidade vixente, como é o embarque en botes de rescate e/ou auxiliares das embarcacións “Irmas García Nodal” ou “Sebastián O Campo” que só poden saír á vista da embarcación nodriza e están desprazándose a máis de 10 millas de dita embarcación que permanece amarrada en porto e sen control destes botes de rescate.

Estes barcos pertencen ao servizo de salvamento e loita contra a contaminación, exercendo os seus botes de rescate servizo de inspección e vixilancia pesqueira.

XA SE PRESENTARON DENUNCIAS ANTE A CONSELLERÍA, CAPITANÍA MARÍTIMA E INSPECCIÓN DE TRABALLO

Fixemos diferentes denuncias á consellería, capitanía marítima de Vilagarcía e Inspección de Traballo de Vigo para que deixen de dar ordes indebidas de embarque nestes botes de rescate. Estes botes son para manter unidas as balsas nun naufraxio, buscar persoas e outras manobras similares, pero sempre co buque nodriza á vista ou preto.

Ademais do anterior, tamén estase observando unha diminución de persoal en todas as bases do servizo en Galicia, xa que dende a convocatoria de 2003 non se volveu a contratar persoal, agás uns contratos precarios de persoal que, segundo a subdirección Xeral, servían para todo, pero non conseguiron dito obxectivo. Os sindicatos asinantes do escrito denuncian tamén o interese da Consellería de privatizar o Servizo de Gardacostas de Galicia coa empresa Remolcanosa, cal é o interese para que ano tras ano esta empresa gañe todos os concursos da privatización das embarcacións do Servizo de Gardacostas de Galicia?, quen está detrás do Consello de Administración desta?, que intereses hai nesa empresa?, ten vínculos coa Administración da Xunta? .

Como mostra, en Vilaxoán, de 17 persoas (3 tripulacións completas de patrón, mecánico e tres vixiantes máis o xefe e dúas persoas operativas máis) neste momento hai 1 xefe, 5 axentes (dous de baixa neste momento). En Pontevedra quedan como efectivos 1 xefe, un mecánico e un vixilante mariñeiro e outro en segunda actividade.

A CARENCIA DE EFECTIVOS LEVA A QUE EN VILAXOÁN HAI TRES EMBARCACIÓNS PARADAS E OBRIGAN AO EMBARQUE EN BOTES DE RESCATE

Como podemos observar non se pode prestar un servizo na ría con este persoal e pretender dar un servizo similar ao anterior onde practicamente se cubrían todos os horarios. Pois ben, debido a este e outros problemas hai tres embarcacións paradas no peirao de Vilaxoán e sen tripulación para movelas e no seu defecto están a obrigar ao embarque en botes de rescate. O normal sería ter tripulacións para mover as embarcacións e non dar ordes que para nós, son ilegais.

Queremos recordar que estas embarcacións paradas en diferentes bases están sendo pouco ou nada utilizadas, o que leva a problemas de posta en marcha, e se algún día queren poñelas a funcionar van atoparse con dificultades.

O mesmo podemos aplicar ás outras bases, xa que en Vigo hai unha soa tripulación, unha en Ribeira, unha en Muxía, unha en Coruña e outra en Viveiro. O resto do persoal foi xubilado e moitos en espera de xubilarse, tamén debido á media de idade, uns 55 anos, que é a idade de xubilarse no mar. Pero a estes traballadores, por cotizar no réxime da Seguridade Social e non no réxime especial do mar, non se lles concede máis coeficiente redutor que o correspondente ao tempo navegado antes de entrar como funcionarios da Xunta.

Na lei de Gardacostas, que volve a estar en vigor dende que anulan a lei de pesca de 2008 do bipartito e, coa lei 10/2012, de 11 de novembro, que modifica a lei 2/2004 de Gardacostas, engade a escala operativa onde teñen cabida a anterior escala de titulados náutico - pesqueiros, para poder volver a tripular legalmente as embarcacións de gardacostas; pero como non se desenvolveu dita lei a través do decreto de integración e funcións, non desenvolven esta lei. A lei 6/2009 derroga a lei 11/2008 de Pesca de Galicia e volve a deixar en vigor a lei de gardacostas.

Neste intre na Subdirección Xeral de Gardacostas, e debido a falta de desenvolvemento da lei citada polo decreto de organización e funcionamento, non hai tripulacións para as embarcacións, xa que non se contemplan esas funcións, para o persoal funcionario, polo que todas as saídas ao mar, son ilegais e antirregulamentarias.

21 EMBARCACIÓNS PARADAS E A CONSELLERÍA PRETENDE CUBRIR TODO O LITORAL CON TRES BARCOS QUE NON FORON DESEÑADOS PARA OS SEUS FINS

Como se entende que haxa 21 embarcacións (co custe económico que isto tivo) paradas dende o punto de vista legal?

Estas embarcacións foron distribuídas por todo o litoral, co fin de cumprir as labores de protección dos recursos, salvamento marítimo e loita contra a contaminación dunha forma rápida e eficaz.

A consellería na situación normativa actual, pretende cubrir todo o litoral con tres barcos que non foron deseñados para dar resposta ás anteriores funcións.

Na práctica habitual nos podemos encontrar en situacións de salvamento que requiran unha resposta rápida e cos medios que na actualidade hai dispoñibles non é posible levalas a cabo coa rapidez requirida (caso da morte dun mariscador hai anos nos Lombos do Ulla e ultimamente a mariscadora de Oia).

O convenio de cesión da embarcación "Paio Gómez Chariño" estase a incumprir, xa que o persoal que contempla como tripulación é persoal de vixilancia (funcionarios) e o que a tripula é dunha empresa privada.

VAISE CARA A PRIVATIZACIÓN?

Que pretende a administración con estas práctica? non parece máis certo que o que hai, é o beneficio económico a unha empresa en prexuízo do interese xeral ao pobo galego?

Será como mantemos os representantes sindicais que estamos avanzando cara unha privatización que xa comezou coas embarcacións citadas. Xa sabemos que se queren privatizar e o mellor é demostrar que non se poden cubrir os servizos.

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

PLxH AyTP Pladesemapesga protecciondenunciante

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +