Imprimir
Categoría: Galicia

Costas e Concello acordan a demolición do "acuario" da Compostela para recuperar a fachada marítima

Información
Galicia 29 Julio 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image
sendbinaryO alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, mantivo hoxe unha reunión coa xefa provincial de Costas, Cristina de Paz, e un técnico deste organismo do Ministerio de Fomento. Entre outros asuntos relacionados coa protección do litoral do concello, Varela e De Paz analizaron a situación actual do denominado "acuario" da praia de Compostela, construído nos anos oitenta e dentro do contexto dun paseo marítimo que, deseñado polo arquitecto César Portela, nunca se levou a cabo. A concesión hai xa máis de dous anos que rematou e Costas aposta, como o goberno local, polo seu derrubo para recuperar así a fachada marítima. A retirada deste edificio que se interna no mar e que nunca chegou a ter a función para el concibida foi un dos compromisos electorais do goberno de Alberto Varela.
28.07.2015.- Cristina de Paz non só asumiu que o edificio debe ser derrubado, senón que anunciou ao alcalde que Costas asumirá o custe das obras e mesmo que, se do seu departamento depende, se executarían este mesmo ano. Pola súa banda, Alberto Varela, estando de acordo coa intención do ministerio, expresou o seu desexo de buscar unha alternativa para o emprazamento do Centro de Interpretación da Ría (CIRA), que alberga este edificio dende 2004. É preciso subliñar que o CIRA, ademais de ser un escaparate da ría e de Vilagarcía, funciona tamén como unha das dúas oficinas de información turística da cidade.
CARRIL-BICI E SENDA PEONIL
Na mesma reunión, o alcalde transmitiu a Cristina de Paz outro dos seus proxectos, a creación dun carril-bici que una todo o litoral dende Carril a Vilaxoán pasando por Vilagarcía. Varios tramos están feitos xa, pero hai zonas de difícil solución, como o que transita o paseo marítimo. A xefa territorial amosou o seu acordo coa proposta e quedou co alcalde en que o goberno local deberá presentar un proxecto técnico que Costas non só está disposto a apoiar senón a financiar. De igual xeito, Cristina de Paz manifestou a súa intención de retomar a vella idea de facer unha senda peonil que una a costa de Carril coa de Bamio, permitindo así que calquera persoa poida percorrer o litoral vilagarciá ben andando, ben en bicicleta, sen o perigo dos vehículos ao seu carón.
- A concesión xa está caducada e o Ministerio de Fomento asumirá o derrubo - O Concello buscará un novo emprazamento para o Centro de Interpretación da Ría - Ambas institucións tamén traballarán para crear un carril-bici que una Carril e Vilaxoán
Vilagarcía, 28 de xullo de 2015.- O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, mantivo hoxe unha reunión coa xefa provincial de Costas, Cristina de Paz, e un técnico deste organismo do Ministerio de Fomento. Entre outros asuntos relacionados coa protección do litoral do concello, Varela e De Paz analizaron a situación actual do denominado "acuario" da praia de Compostela, construído nos anos oitenta e dentro do contexto dun paseo marítimo que, deseñado polo arquitecto César Portela, nunca se levou a cabo. A concesión hai xa máis de dous anos que rematou e Costas aposta, como o goberno local, polo seu derrubo para recuperar así a fachada marítima. A retirada deste edificio que se interna no mar e que nunca chegou a ter a función para el concibida foi un dos compromisos electorais do goberno de Alberto Varela.
Cristina de Paz non só asumiu que o edificio debe ser derrubado, senón que anunciou ao alcalde que Costas asumirá o custe das obras e mesmo que, se do seu departamento depende, se executarían este mesmo ano. Pola súa banda, Alberto Varela, estando de acordo coa intención do ministerio, expresou o seu desexo de buscar unha alternativa para o emprazamento do Centro de Interpretación da Ría (CIRA), que alberga este edificio dende 2004. É preciso subliñar que o CIRA, ademais de ser un escaparate da ría e de Vilagarcía, funciona tamén como unha das dúas oficinas de información turística da cidade.
CARRIL-BICI E SENDA PEONIL Na mesma reunión, o alcalde transmitiu a Cristina de Paz outro dos seus proxectos, a creación dun carril-bici que una todo o litoral dende Carril a Vilaxoán pasando por Vilagarcía. Varios tramos están feitos xa, pero hai zonas de difícil solución, como o que transita o paseo marítimo. A xefa territorial amosou o seu acordo coa proposta e quedou co alcalde en que o goberno local deberá presentar un proxecto técnico que Costas non só está disposto a apoiar senón a financiar. De igual xeito, Cristina de Paz manifestou a súa intención de retomar a vella idea de facer unha senda peonil que una a costa de Carril coa de Bamio, permitindo así que calquera persoa poida percorrer o litoral vilagarciá ben andando, ben en bicicleta, sen o perigo dos vehículos ao seu carón.