O Concello pecha temporalmente o palafito-Miradoiro da praia da Concha diante da peligrosidade do seu solado

Información
Galicia 17 Julio 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image
Operarios do Servizo de Medioambiente do Concello procederon esta mañá ao peche temporal do palafito-miradoiro da Praia da Concha, na súa confluencia co peirao do ramal. O aceso á instalación quedará bloqueado ata que o Concello realice un estudo máis pormenorizado do estado do miradoiro e poida habilitar unha partida presupostaria suficiente para arranxalo, garantindo así a seguridade dos usuarios.
sendbinaryA situación do palafito foi unha das cuestións analizadas polo comité de xestión de praias, constituído hai uns días de acordo coa normativa da Bandeira Azul, do que forman parte varias concellerías e servizos municipais. O informe realizado pola Oficina Técnica avala a decisión adoptada hoxe. Segundo ese dictame, o estado estrutural é “bo”, pero se detectan diversas deficiencias, como a oxidación de armaduras dos piares de formigón polo seu contacto coa auga do mar, a podedumbre dalgunha cabeza de viga, ou perda de sección de madeira tamén por podedumbre.
Sen embargo, o principal problema é o solado que está “en moi mal estado”, dado que a maioría das táboas están soltas e con perda de horizontalidade, “facendo incómodo e perigoso o seu uso”. A cuberta, en cambio, ofrece un bo estado de conservación. En xeral, o deterioro da instalación débese á total ausencia de mantemento nos últimos anos.
Á vista do informe, o goberno local decidiu clausurar temporalmente o aceso ao palafito-miradoiro entretanto non se realiza un análise máis en profundidade e se adoptan as medidas correctoras oportunas, das que a principal é a renovación total do solado de madeira. Para iso, o Concello deberá dotar unha partida orzamentaria, ata agora non prevista.