anunciacargosdeconfianzadelppdegenlaxuntadegalicia mariadelmarsanchezsierraMaría del Mar Sánchez Sierra exige 50.000 euros al periodista Miguel Delgado y pide meterlo 4 años y medio en la cárcel por "reproducir información públicada por la Xunta" en sus webs institucionales que le sale gratis a cualquier ciudadano..+ publicada por la Xunta y de la que es responsable como alto cargo del PPdeG..+Retegal.+, AMTEGA..+, Secretaría de Medios..+, EXPOURENSE-FORO DE LA COMUNICACIÖN..+, CONSELLO ASESOR AUDIOVISUAL GALICIA..+, Porto de A Coruña...+, Directora de Comunicacion Partido Popular de Galicia..+, Fundación Camilo José Cela..+, ex-empleada de La Voz de Galicia..+, Norsan S.L..+  y responsable de la imagen de las webs www.ppdegalicia.com y www.feijoo.gal y del PP de Galicia..+ y ex del Instituto Gallego de Vivienda y Suelo, Complejo Hospitalario de Santiago de Compostela, Consejería de Sanidad, Ministerio de Sanidad, Correos, Consejería de Política Territorial, Obras Públicas y Vivienda etc..


Información
Enviar por ; Correo electrónico

2 de febreiro, Día Mundial dos Humidais: os humidais, unha protección natural contra os desastres climáticos

Información
Diario Marítimo ; 02 Febrero 2017 ; 1743 visitas
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

cid part2 413069D5 4E9F27E4adegaNo cabodano da sinatura da convención Ramsar (Irán, 1971) celébrase o Día Mundial dos Humidais. Desta volta, quérese reivindicar o papel dos humidais como amortecedores dos efectos do cambio climático. Enchentes, secas e outros fenómenos meteorolóxicos estremos terán menos incidencia e os ecosistemas recuperaranse antes se conservamos en bo estado os nosos humidais.

Algo máis que simples láminas de auga

Os humidais son aquelas áreas terrestres inundadas de xeito permanente ou estacional. Ademáis de reservorio de auga, sumidoiros de carbono e fonte de biodiversidade, son a nosa defensa natural contra os desastres climáticos.
No litoral, actúan como unha barreira protectora natural contra os efectos dos temporais e a suba no nível do mar. Ademais serven de criadeiro e "arca de Noé" para numerosas especies, moitas delas de interese comercial, que despois contribúen a recuperar outros espazos de xeito máis rápido.
No interior, os humidais (zonas encharcadas, brañas e turbeiras) actúan como reservorios, almacenando os excesos de auga nas épocas de fortes choivas que liberan lentamente durante os periodos de escaseza, reducindo a incidencia das secas. Ademáis as turbeiras, zonas saturadas de auga entre material vexetal descomposto, das que en Galiza hai unha moi boa representación, fixan máis do duplo de carbono atmosférico que os bosques, co que o seu efecto amortecedor do cambio climático é ainda maior.

Galiza, suspenso en xestión dos humidais

Galicia é o territorio do Estado con maior diversidade de lagoas, brañas, xunqueiras, bosques húmidos e turbeiras, que ocupan máis de 7.600 hectáreas. Apesar desta diversidade e de que en 2007 a Xunta inventariou uns 1100 humidais, só cinco gozan de protección legal específica acollidos baixo o convenio Ramsar: as rías de Ribadeo e Ortigueira e a de Ribadeo, a lagoa de Valdoviño (Frouxeira), o Complexo Húmido de Corrubedo e o Complexo intermareal Umia-Ogrobe.
A xestión inadecuada destes ecosistemas unida ás nulas políticas de protección e recuperación, provocou en moitos casos o sangrado, entullado, desecamento e destrución dun bo número de humidais galegos. Lembramos a desaparición das lagoas de Pantín (Valdoviño) e Corme (Laxe), a degradación das turbeiras do Xistral ou da lagoa sacra de Olives (A Estrada) polos eólicos; ou a situación crítica das Gándaras de Budiño, no medio dun polígono industrial. Mesmo a Xunta chegou a aprobar un plano de conservación para o humidal da Frouxeira, un dos 5 humidais de importancia internacional de Galiza, que bendicía o seu sangrado con bulldózeres, antepoñendo o coidado do paseo marítimo periodicamente asolagado ao equilibrio ecolóxico do humidal.

Reaxir a tempo antes que queixarse

Dada a importancia dos servizos ecosistémicos que prestan (gratuitamente) os humidais, moi evidente agora con esta inusitada seca invernal, resulta estratéxico e urxente investir na súa conservación. Para iso, cómpre aumentar a listaxe de humidais protexidos, cumprir estritamente coa lexislación ambiental, e ordenar o territorio para reducir a presión sobre estes espazos, alén de investir na restauración dos ecosistemas danados. Só deste xeito conseguiremos minguar a factura que en cartos e vidas vainos pasar (xa o está a facer) o cambio climático, coas súas secas e temporais cada vez máis frecuentes e intensos.

Ligazóns

Novas relacionadas

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....