“O legado de Rosa Quintana é triste, con 4.500 cotizantes menos na pesca galega que no ano 2009”, manifestou José Ramón Val

Información
Galicia 24 Mayo 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

Os socialistas galegos acusaron hoxe á conselleira de Mar, Rosa Quintana, “de rirse do sector, abandonado e sen solucións aos seus problemas por parte dun goberno da Xunta ausente e fracasado”.

 

En resposta a unha comparecencia de Quintana no pleno do Parlamento, o portavoz de Pesca do PSdeG, José Ramón Val, lembrou que “o legado da conselleira é triste, con 4.500 cotizantes menos que no ano 2009 e 30.000 persoas esixindo a súa dimisión na praza do Obradoiro”.

Sabemos os problemas, pero non as iniciativas da Xunta para atopar solucións, vostede debería render contas e explicarlle ao sector por que a flota perde sempre protagonismo nos acordos pesqueiros que chegan de Europa”, apuntou o deputado socialista.

Temos a flota do cerco máis numerosa do Cantábrico, pero é a que ten as menores posibilidades de pesca”, engadiu Val, que falou tamén dos problemas “da volanta ou do marisqueo”. “En vez de traballar para o sector, o único que fan e dividilo”, afirmou.

Os criterios que defende a Xunta de Galicia sempre prexudican á flota galega”, dixo o socialista. “Despois de sete anos, sete orzamentos e máis de 1.000 millóns de euros xestionados, a xente sabe onde estamos e quere iniciativas por parte do goberno”, rematou.