Imprimir
Categoría de nivel principal o raíz: Especiales
Categoría: Puertos

López Veiga conduce o Porto "a unha situación irreversíbel" da que se terán que facer cargo os petos dos galegos e galegas

Información
Puertos 25 Agosto 2017
social youtube xornalgalicia   feed-image

O recente anuncio sobre os plans privatizadores das lonxas de peixe do Porto de Vigo, efectuado polo presidente da APV, Enrique López Veiga, vén de ser contestado desde o comité de empresa, que denuncia unha nova “manobra caciquil e escurantista".

 Para o presidente do Comité de Empresa e voceiro da CIG na Autoridade Portuaria de Vigo, Diego González Domínguez, a xustificación da operación é profundamente incongruente e chega tras un proceso escurantista e falto de diálogo coa representación dos e das traballadores/as, “á que colleron por sorpresa”, indica.

Neste sentido, desminte as supostas perdas xeradas nas lonxas de peixe, alén de denunciar unha manobra premeditada desde hai meses para preparar o escenario da privatización. Así, e a pesar de contar con persoal propio e capacitado, a APV gastou perto de millón e medio de euros anuais na contratación de empresas externas para o mantemento (342.000 euros, aos que hai que sumar 215.000 para non previstos no prego de condicións) e de limpeza (800.000 euros, que se adxudicarán este 23 de agosto).

Ese “excesivo gasto en mantemento” que argumenta o propio Lóez Veiga contrasta, segundo Diego González, “coas afirmacións de que o que se leve a xestión da Lonxa se atopará cunhas instalacións totalmente renovadas e modernizadas”, pois deixa entrever un grande investimento “que non fará máis do que ampliar o gasto e agravar esas supostas perdas”.

Recortes en persoal

Engade, asemade, que o control de mantemento se viu moi afectado polos recortes do persoal dedicado á supervisión, deixando sen cubrir baixas e efectuanto xubilacións anticipadas, polo que o estado de abandono das instalacións “non teñen outros culpables que os dirixentes da Autoridade Portuaria”.

No tocante á mención sobre o gasto en vixiancia da Lonxa, desde a CIG afírmase con rotundidade que é un aspecto que atinxe á Policía Portuaria como “persoal mellor formado e capacitado”, e no caso da privatización só vai conseguir recolocacións noutros servizos sen supor ningún aforro.

Advirten, iso si, do descontento crecente polo continuo desprestixio cara ese corpo por parte de López Veiga, responsábel, ademais da política de recortes e austeridade padecidas na APV.

Actitude caciquil

Para finalizar, o presidente do Comité de Empresa da Autoridade Portuaria de Vigo laméntase da actitude caciquil de Veiga, “que fai e desfai ao seu antollo sen dialogar nin consultar coas partes implicadas”. 

“O señor López Veiga encarouse cos estibadores, cos inspectores do P.I.F e agora cos vendedores de peixe sen dialogar nin negociar con ninguna das partes afectadas e non se da conta de que , a pesar do que cre, leva soamente dous anos aquí e non sabe como funciona o Porto de Vigo. Estáse a cargar unha maquinaria ben engrasada e vai deixar o Porto de Vigo (que xa se está a resentir coa perda de tráficos e as nefastas inversión que se están a realizar) nunha situación irreversible”, remata.