A Deputación da Coruña destina 1,2 millóns de euros para financiar a limpeza de praias e a contratación de socorristas en piscinas e praias fluviais da provincia

Información
Playas 10 Marzo 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

A Deputación da Coruña ven de convocar os programas de limpeza de praias e contratación de socorristas destinados aos concellos da provincia e dotados con 1,2 millóns de euros.

Ambos programas teñen criterios de asignación obxectivos e transparentes, que permitirán aos concellos facer de antemán un cálculo moi aproximado do que lles corresponderá. Ademáis de contribuir á mellora da imaxe das máis de 360 praias coruñesas de cara á tempada estival e ao incremento da seguridade das piscinas municipais , estes programas axudarán tamén á creación de emprego durante os meses de verán, xa que ao seu cargo contratáronse o pasado ano preto de 300 persoas.

O programa de limpieza de praias, destinado aos concellos costeiros da provincia, está dotado cun orzamento de 900.000 euros.

A finalidade do mesmo é apoiar aos concellos coruñeses no sostemento dos gastos de contratación do persoal das brigadas que se encargarán da limpeza dos areais da provincia durante a tempada estival.

A subvención para a creación destas brigadas de limpeza ten unha duración máxima de tres meses, que deberán estar comprendidos entre o 1 de maio e o 31 de outubro de 2016. O importe máximo que poderá recibir cada concello solicitante a través deste programa ascende a 33.840 euros e o mínimo a 6.768 euros.

A Deputación aplicará criterios obxectivos para a baremación das solicitudes, en función da superficie total das praias existentes en cada termo municipal, segundo os datos facilitados polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino, e a poboación oficial do concello, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística.

A superficie das praias valorarase cun máximo de 70 puntos (para aqueles concellos que teñan máis de 400.000 metros de superficie de praias), mentres que a poboación do municipio suporá ata 30 puntos na valoración, segundo a seguinte táboa:

SUPERFICIE

(ata 70 puntos)

POBOACIÓN

(ata 30 puntos)

Dende

Ata

Puntos

Dende

Ata

Puntos

0

5.000

30

0

3.000

23

5.001

10.000

35

3.001

5.000

24

10.001

25.000

40

5.001

10.000

25

25.001

50.000

45

10.001

15.000

26

50.001

100.000

50

15.001

20.000

27

100.001

200.000

55

20.001

25.000

28

200.001

300.000

60

25.001

30.000

29

300.001

400.000

65

Más de 30.000

30

Más de 400.000

70

 

Contratación de socorristas

Ademáis, a Deputación destinará este verán 300.000 euros para financiar a contratación de socorristas nas piscinas municipais e praias fluviais dos concellos do interior da provincia con menos de 50.000 habitantes.

O importe máximo que poderá percibir cada concello neste programa será de 6.500 € e o mínimo de 2.500 € e o período máximo de contratación será tamén de tres meses. Os criterios de baremación deste programa serán a superficie total das piscinas municipais (ata 70 puntos) e a poboación do concello (ata 30 puntos).

SUPERFICIE TOTAL DAS PISCINAS MUNICIPAIS

(ata 70 puntos)

POBOACIÓN

(ata 30 puntos)

De 0 a 350 m2

60 puntos

Hasta 3.000 habitantes

27 puntos

De 351 a 400 m2

65 puntos

De 3.001 a 5.000

28 puntos

Más de 400

70 puntos

De 5.001 a 10.000

29 puntos

   

Más de 10.000

30 puntos