Segundo o informe do mes de maio, as descargas de peixe fresco situáronse en 43.080 toneladas, o que supuxo un valor en primeira venda de máis de 89 millóns de euros
- O porto de Malpica foi o que rexistrou porcentualmente a maior suba respecto ao acumulado no mesmo período de 2014, cun 406,31% máis que no anterior exercicio
As descargas de peixe fresco nos peiraos de titularidade autonómica rexistraron un incremento interanual de máis dun 16% nos primeiros cinco meses deste ano. Segundo o último informe de Portos, correspondente ao mes de maio, as descargas de peixe fresco situáronse en 43.080 toneladas, o que supuxo un valor en primeira venda de máis de 89 millóns de euros.
Nunha análise porto a porto, os peiraos que lideran esta actividade no acumulado do exercicio actual son os de Ribeira, con 11,8 millóns de quilos acumulados nos cinco primeiros meses do ano; Burela, con máis de 10,6 millóns de quilos; e Celeiro con máis de 6 millóns de quilos. Cómpre destacar o incremento de actividade do peirao de Malpica, que foi o que rexistrou porcentualmente a maior suba respecto ao acumulado no mesmo período de 2014, cun 406,31% máis que no anterior exercicio. Tamén hai que destacar a suba porcentual do peirao Portosín, cun 208% interanual.
En canto ás mercadorías principais cargadas e descargadas nos peiraos comerciais hai que salientar a actividade de Celeiro, que aumenta en máis dun 73% as descargas de caolín. No apartado de descargas de túnidos conxelados, na Pobra do Caramiñal prodúcese un incremento de máis dun 6% nas súas descargas e en Ribeira de máis dun 7%.
Ultima hora en esta sección
Otras noticias publicadas más recientes
También le pueden interesar
- El Jefe de Gabinete de Rosa Quintana recibe ayudas públicas para reformar la fachada de su casa adjudicadas por un cargo de confianza del PPdeG.
- Las tecnologías modernas que permiten recuperar los aparejos de pesca perdidos en el mar son de gran ayuda en el esfuerzo para reducir la denominada "pesca fantasma" y sus efectos nocivos en las poblaciones de peces y las especies en peligro de extinción
Las noticias más populares
De redacción
- Concellos da Ría de Muros Noia presentará en Venecia un novo catálogo de peregrinacións marítimas en italiano
- El chiringuito cultural de la Xunta: ¿marketing institucional mientras hunden el sector marítimo gallego?
- González Casares: “La UE tiene que compensar a los afectados por el cierre de zonas de pesca y retirar la normativa”
- La polémica gestión del PP en la Xunta de Galicia: uso de fondos públicos y campañas reputacionales en el sector marítimo-pesquero
- Pladesemapesga en el Día del Pingüino: Urge proteger especies en peligro y estado crítico por redes de pesca industrial