Carmela Silva recibe ás dúas subcampioas pontevedresas do XIX Campionato de España de Augas Abertas Open

Información
Deportes 07 Julio 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada pola deputada de Deportes Chelo Besada, recibiu esta mañá no Pazo provincial á directiva e ás nadadoras do Club Natación Galaico que acadaron a posición de subcampioas no XIX Campionato de España de Augas Abertas Open, Águeda Cons (subcampioa en 7,5 quilómetros Junior) e Paula Goyanes (subcampioa en 10 quilómetros Junior-2 e Absoluto). As subcampioas estiveron acompañadas polo deportista paralímpico Chano Rodríguez, que este ano volverá participar nos Xogos que se celebrarán en Río de Xaneiro. O club acadou nesta mesma cita, ademais, a medalla de bronce en categoría feminina.

A Presidenta provincial quixo resaltar "o enorme orgullo que supón para a provincia de Pontevedra" o mérito acadado polas dúas deportistas do Galaico. Á vez, tamén quixo pór en valor o papel das mulleres dentro do deporte, algo que "esta institución provincial debe impulsar porque, mala ser unha mágoa, as mulleres no deporte seguen a xogar en desvantaxe".