Cativ@as das Escolas de Verán de Balonmán Xiria pescan para enlatar marisco

Información
Conservas 15 Agosto 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image

1438861695bocata webUn video de Yotube mostra un campeonato de pesca para encher latas de conservas con polvo, zamburiñas, sardiñas, atún ou mexillónsCarballo.

 

Arredor de cen cativos e cativas das Escolas de Verán de Balonmán Xiria veñen de participar no CEIP Fogar nas actividades da campaña "Ponlle as pilas ao teu bocata", unha iniciativa coa colaboración de Anfaco-Cecopesca e coordinada na vila polo Concello, que ten como obxectivo poñer de relevo as múltiples virtudes das conservas de produtos do mar, especialmente no marco de campamentos infantís urbanos.

A cita consistiu nun obradoiro lúdico pensado para motivar aos cativos e cativas no consumo de produtos do mar en conservas, que fomente o seu interese por este produto e polas posibilidades que ofrece.

Así, os produtos do mar son uns alimentos ricos en proteínas, materia graxa, vitaminas e sales minerais e constitúen un dos mais importantes recursos alimenticios. O obradoiro incluíu actividades informativas, xogos e, sobre de todo, unha actividade de elaboración de bocatas a base de conservas, no que os nenos e nenas puideron elixir entre mexillóns, sardiñas e atún, acompañados de pan e tomate, leituga ou millo. Houbo todo tipo de combinacións, dende sardiñas con millo ata atún con todo, pero os bocatas chegaron para todos e todas.

Ademais, a actividade tamén serviu para agradecerlle aos cativos e cativas das Escolas de Verán de Balonmán Xiria o seu traballo no Horto Infantil Ecolóxico Municipal, xa que estiveron nas últimas semanas acondicionando un Xardín de Aromáticas para a Escola de Cociña e Hostalería do Fórum Carballo.

Esta mañá de xogos e bocatas para fomentar a comida sa e saudable foi o seu premio. Máis imaxes da cita, no Facebook do Concello, aquí.

 Aquí podedes ver a través de Youtube un pequeno vídeo dun dos xogos que levaron a cabo ao longo da mañá. Nel, tiñan que pescar o maior número de peixe posible para poder encher latas de conservas con polvo, zamburiñas, sardiñas, atún ou mexillóns.