Imprimir
Categoría de nivel principal o raíz: Especiales
Categoría: Astilleros

Navatia e Astano seguen a esperar polos contratos que feijóo tiña cerrados con Pemex e mostrou no Parlamento de Galicia...¿ Vaya estafa política do PP ?

Información
Astilleros 27 Septiembre 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image
Denuncian que a empresa pública mantén de facto o veto ao estaleiro de Fene, condenándoo a ser só un “taller complementario de Ferrol”
A CIG-Industria realizou este mércores unha concentración de delegados/as ás portas do estaleiro de Fene para reivindicar a construción de dous dos catro petroleiros que Navantia fará nas instalacións de Puerto Real. A central sindical denuncia que o desequilibrio no reparto da carga de traballo revela que a política da empresa pública é deixar ao estaleiro de Fene fóra do mercado naval civil, mantendo de facto o veto ás instalacións da antiga Astano. 15 09 2320Concentracion20Astano preview
 

O anuncio da posibilidade dun contrato con Ondimar para a construción de dous petroleiros, ampliábel a outros dous barcos, chegaba oportunamente pouco antes das eleccións municipais. Finalmente, o contrato asinado entre a navieira vasca e Navantia a finais de xullo suporá a construción de catro petroleiros (con posibilidade de dous máis) que maiormente se levantarán nas instalacións de Puerto Real.

Vicente Vidal, Secretario Comarcal da CIG-Industria, denunciaba esta mañá na protesta ás portas da antiga Astano, que os centros da ría de Ferrol só construirán algúns bloques destes buques, que despois terán que ser trasladados a Cádiz para a súa montaxe. Nesta liña, lembrou que durante a construción dos famosos floteis para Pemex, Navantia xa derivara oito bloques a Cádiz “co sobrecuste que isto implica e repercutindo negativamente nas contas do centro de Ferrol”.

“O que demandamos é un reparto xusto e equitativo da carga de traballo e que dous deses catro petroleiros se fagan aquí”, aseverou. Neste senso, Vicente Vidal advertiu que a decisión de Navantia evidencia a existencia dunha política para deixar fóra do mercado da construción naval civil ao estaleiro de Fene, que baixo a escusa de ter as instalacións ocupadas noutros nichos de mercado (como a eólica mariña) “vai seguir sendo un taller complementario de Ferrol”.

O responsábel sindical  criticou esta política de Navantia, pois este “veto” de facto á construción naval civil en Fene significa limitar seriamente a capacidade de xerar emprego na comarca e que este sexa emprego de calidade.  “Non hai xustificación para non utilizar as gradas de Fene para o que foron levantadas: a construción naval. Dende a CIG esiximos a montaxe nas gradas de Fene da metade dos petroleiros. O veto a Astano non rematará mentres non se constrúa un buque nas súas gradas”, afirmou.

No referido á suposta saturación das instalacións de Astano pola fabricación dos jackets para Iberdrola e as estruturas para Statoil, Vicente Vidal  subliñou que tamén en Puerto Real se están a realizar traballos para a eólica mariña (con gran diferenza en canto á xeración de emprego e valor engadido). “Porén,  esta situación non impediu a Navantia adxudicar a este centro a construción dos catro petroleiros”.

Modelo "low cost"

Ademais, os estaleiros de Navantia na Baía de Cádiz serán responsábeis da xestión do proxecto dos petroleiros e quen decidan o reparto da carga de traballo e a que prezo/hora se subcontratará nos centros da Ría de Ferrol.

Vidal alertou que o modelo de negocio “low cost” que impulsa Navantia, con prezo de mercado e dependentes tecnoloxicamente da coreana Daewoo (xa que a obra se levará a cabo en colaboración con esta compañía, que será a encargada de pór a enxeñería e o deseño) “terán unha repercusión clara nos salarios e nas condicións laborais dos traballadores e traballadoras as industrias auxiliares”, que serán, matiza, sobre quen recaían os prexuízos deste sistema low cost que promove Navantia .

Chamada á responsabilidade da Xunta

Fronte a esta discriminación, dende a CIG-Industria chámase á Xunta a “amosar o compromiso na recuperación do sector naval da ría e dun sector estratéxico para Galiza”. “Unha vez máis, asistimos á inutilidade do Goberno da Xunta de Galiza e das súas políticas para co naval galego, cun claro sucursalismo ao ditado de Madrid, en detrimento dun dos sectores básicos do noso país.

Reparto de follas informativas

Ao remate da concentración, os delegados e as delegadas dividíronse en dous grupos para facer un reparto de follas informativas polas rúas de Fene e Ferrol.{jcomments on}