Imprimir
Categoría de nivel principal o raíz: Actualidad
Categoría: Portada

No caso da lata de atún ao natural estudada, presenta un baixo impacto (0,71 kg de CO 2 eq) en relación a outros produtos analizados.

Información
Portada 29 Marzo 2018
social youtube xornalgalicia   feed-image

O Grupo de Biotecnoloxía Ambiental (Biogrup) do Departamento de Enxeñaría Química da USC acaba de finalizar un estudo para Conservas Perez Lafuente co que constatan que os produtos galegos teñen a sustentabilidade ambiental como un dos seus eixos principais.

 

Os investigadores analizaron de forma particular a conserva de atún ao natural da empresa arousá, profundando na súa sustentabilidade ambiental dende unha perspectiva holística. O estudo inclúe así todas as fases do ciclo de vida, que comeza no momento da pesca, que neste caso se fai con cana e anzol, un método recomendado por organizacións como Greenpeace e WWF xa que limita as capturas, evita a sobrepesca e minimiza o problema dos descartes, isto último de especial importancia para a UE. Ademais, a actividade empresarial realízase na planta de Vilanova de Arousa seguindo métodos tradicionais como a cocción en auga de mar, o secado ao aire e a limpeza a man.

Pegada de carbono
Un dos parámetros derivados desta análise foi o calculo da pegada de carbono, indicador ambiental que cuantifica os gases de efecto invernadoiro expresados como kg de CO 2 equivalentes, e que trata de identificar aqueles produtos e procesos máis respectuosos fronte ao cambio climático.  No caso da lata de atún ao natural estudada, presenta un baixo impacto (0,71 kg de CO 2 eq) en relación a outros produtos analizados.

Os principais subsistemas responsables dese impacto son o envase (42,6%) e a fase extractiva (34,2%), correspondéndolle a maior porcentaxe á produción de aluminio cun 50,3%, que a súa vez deriva nun 68% de materias primas e nun 32% de restos de metal reciclado. En segundo lugar atópase a fabricación da lata, unha vez se ten o metal co grosor axeitado, cun 29,4%. Xa en menor medida contribúe cun 16,6% o transporte e o laminado do metal cun 3,7%. O estudo tamén define diversas accións de mellora que farían reducir aínda máis a baixa pegada de carbono que xa posúe.