ESÍXENLLE Á XUNTA QUE GARANTA A “TRANSPARENCIA, LIBRE COMPETENCIA E LEGALIDADE” NO CONTRATO DOS HELICÓPTEROS DO SERVIZO DE GARDACOSTAS

Información
Portada 21 Junio 2017
social youtube xornalgalicia   feed-image

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, esixiulle hoxe ao goberno galego que garanta “transparencia, libre competencia e a xestión dos servizos públicos dentro da legalidade” no proceso de contratación do Servizo de Gardacostas, que inclúe dous helicópteros e que vén de ser declarado deserto. A responsable socialista presentou unha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta que garanta continuidade do servizo que remata en outubro.

 

Criticou que a resposta da Xunta, logo desta xestión “chapuceira e temeraria”, teña sido emitir unha “consulta ao mercado” sobre o custe do servizo, demostrando a súa “incompetencia absoluta”. Acusounos de “poñer os intereses dun empresario por riba da seguridade dos galegos e das galegas”, nunha mostra de “capitalismo de amiguetes” e de “irresponsabilidade”.

Toja lembrou que a propia UE determina que no caso de pedir o asesoramento dunha empresa vinculada a un candidato ou a un licitador, como é neste caso, “o poder adxudicador tomará as medidas adecuadas para garantir que a súa participación non falsee a competencia”. Advertiu que “se se trata de facer un traxe á medida da empresa, teñen unha Directiva da UE que llelo impide” -2014/24/UE-.

Xogar coa seguridade

A responsable socialista criticou a “incapacidade absoluta e manifesta” demostrada pola Consellería de Pesca para xestionar os recursos públicos, mentres demostra que “estase xogando coa seguridade das persoas que traballan no mar. Lembrou que no que vai de século XXI foron rexistrados cen sinistros marítimos en Galicia, que “os medios de salvamento non poden evitar, pero si evitan que haxa perda de vidas”.

Resumiu o proceso de compra de dúas aeronaves polo goberno do PP en 2005 por 27 millóns de euros, que serían malvendidas en 2012 por só 13, nun proceso cuestionado mesmo polo Consello de Contas, pasando de pagar 2 millóns anuais polo servizo a un total de 9. O resultado, dixo, é que “hoxe non temos nin aeronaves, nin persoal, nin contrato para a xestión do servizo de Gardacostas”.

Os socialistas galegos presentaron unha proposta para reclamarlle ao goberno galego que garanta a continuidade do servizo de gardacostas unha vez finalizado o concurso actualmente en vigor, e que as naves non sexan substituídas por outro modelo obsoleto, e que será votada mañá mércores.

A Xunta esta a pagar traballadores como brigadas ... - Xornal Galicia

xornalgalicia.com › Galicia
 
Traducir esta página
20 nov. 2016 - xunta retira os helicópteros das bases con persoal propio do Servizo Público de Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) e mantén a ...

La Xunta (Rosa Quintana) vende por 12 millones sus dos helicópteros ...

xornalgalicia.com › Galicia › Noticia destacada de Galicia
 
6 abr. 2017 - La actualidad y Noticias de Galicia desde la primera hasta la última noticia en el Xornalde Galicia la nueva información.

La Xunta destina 40 millones a contratar helicópteros de salvamento ...

www.eldiario.es/.../Xunta-millones-contratar-helicopteros-salvamento_0_634837035....
 
21 abr. 2017 - El Consello de Contas censuró que no se hiciese “ningún estudio sobre la repercusión de la venta de los helicópteros” en el precio de la ...

A Xunta pon sobre a mesa 40 millóns para contratar helicópteros de ...

praza.gal/.../a-xunta-pon-sobre-a-mesa-40-millons-para-contratar...
 
Traducir esta página
20 abr. 2017 - En 2012 a Xunta vendeu os seus dous helicópteros de salvamento marítimo a cambio de que a empresa que os comprou, Inaer, a mesma que ...

La Xunta de Galicia, Rosa Quintana contrata con ... - Xornal de Galicia

xornaldegalicia.es/6347-la-xunta-de-galicia-rosa-quintana-contrata-con-inaer-que-des...
 
27 feb. 2016 - Rosa Quintana, contrata un helicóptero por 9 millones de euros para vigilar supuestamente incendios, cuando vendió los dos de la xunta por 3 ...

El negocio montado a costa de los incendios en la ... - Xornal de Galicia

xornaldegalicia.es › Especiales + › Medio Rural
 
11 ago. 2015 - La Xuntavende por 12 millones sus dos helicópteros de rescate ... que tendrá que pagar de los fondos públicos más de 7,5 millones al año en ...

La Xunta vende por 12 millones sus dos helicópteros de rescate

www.lavozdegalicia.es/noticia/.../xunta...helicopteros.../0003_201106G1P28991.htm
 
 Valoración: 4 - ?37 reseñas
1 jun. 2011 - La Consellería do Mar ha puesto a la venta el Pesca 1 y el Pesca 2, los dos helicópterosque tiene en propiedad desde el 2005 para el servicio ...

La Xunta deja a la comarca sin helicóptero antiincendios - Valdeorras ...

www.laregion.es/articulo/.../xunta-deja...helicoptero.../20130621074009010341.html
 
21 jun. 2013 - La comarca de Valdeorras se enfrenta al verano sin el helicóptero de lucha contra incendios forestales que tenía su base en Vilanova (O ...

2005: La Xunta supuestamente compró dos helicópteros por 27 ...

aviaciondigital.com › Derecho
22 abr. 2016 - 2005: La Xunta supuestamente compró dos helicópteros por 27 millones, ... y según señala Xornal de Galicia, “actualmente recolocado por la ...

Rosa Quintana vendió los helicópteros a Inaer y posteriormente se los ...

pladesemapesga.com/77-rosa-quintana-vendio-los-helicopteros-a-inaer-y-posteriorme...
 
21 abr. 2016 - Rosa Quintana vendió los helicópteros a Inaer y posteriormente se los alquiló hasta 2017 su ... La Xunta de Galicia sigue bajo GRAVES acusaciones de ..... Xornal Galicia Novas de Galiza · Xornal de Galicia para el Mundo ...