Información
Enviar por ; Correo electrónico

O golfo de Bizkaia constitúe unha zona de atrapamento para os plásticos que chegan a el

Información
Diario Marítimo ; 06 Agosto 2020 ; 192 visitas
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O golfo de Bizkaia é unha zona de atrapamento para os plásticos que chegan a elO golfo de Bizkaia é unha zona de atrapamento para os plásticos que chegan a el

Investigadores das universidades de Santiago e Vigo e do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía realizaron un estudo sobre o trasporte de plásticos de diferentes tamaños que entran no golfo de Bizkaia co fin de analizar o seu destino dentro desta área. Os resultados obtidos sinalan que este golfo constitúe unha zona de atrapamento para os plásticos que chegan a el.

 

O traballo foi publicado recentemente na revista Journal of Sea Research nun artigo titulado The Bay of Biscay as a trapping zone for exogenous plastics of different sizes e asinado por Laura Rodríguez, Moncho Gómez Gesteira e José Luis Gómez Gesteira, do grupo Environmental Physics Laboratory (Ephyslab), do CIM-Universidade de Vigo; Xurxo Costoya, do Instituto Cross-disciplinary Research in Environmental Technologies (Cretus) da USC, e Jesús Gago do Centro Oceanográfico de Vigo.

O equipo investigador responsable do artigo
O equipo investigador responsable do artigo

Segundo explican os autores do traballo, “estímase que arredor do 10% dos plásticos producidos rematarán no océano, representando aproximadamente o 70% do lixo mariño”. A dispersión e acumulación destes plásticos en determinadas rexións do mundo, engaden, depende en parte da súa flotabilidade, que varía segundo o seu tamaño. Neste contexto global, detallan, o golfo de Bizkaia é considerada unha rexión de nivel medio en canto á contaminación por plásticos.

Microplásticos e plásticos de maior tamaño
No estudo, o equipo empregou un modelo lagranxiano para simular con partículas virtuais as traxectorias seguidas polos plásticos. Segundo explican, “aínda que se viu que o patrón xeral seguido polos plásticos depende principalmente das correntes oceánicas, o vento pode modulalo especialmente no caso de plásticos de maior tamaño”. Por este motivo, co fin de avaliar o destino dos plásticos que entran no golfo de Bizkaia a través do estreito ao norte do cabo Ortegal, empregáronse neste traballo “as velocidades das correntes mariñas e diferentes coeficientes de arrastre para ter en conta a súa diversidade de tamaños e, por tanto, a súa exposición ao efecto do vento”.

Froito do traballo realizado, indican os seus responsables, “detectouse que os plásticos que ingresan no golfo de Bizkaia rara vez abandonan esta zona, o que a converte nunha rexión de atrapamento”. Así, apuntan, só unha pequena porcentaxe de plásticos, entre o 4 e o 15%, dispersáronse cara a costa atlántica da Península Ibérica ou sobrepasaron a Bretaña francesa. O atrapamento de plásticos no golfo de Bizkaia, indican, “tivo un resultado especialmente notorio nos plásticos de maior tamaño (>5 mm) fortemente afectados polo vento que os empuxa cara terra”. De feito, detallan os investigadores, “este tipo de plásticos tenden a acumularse nunha franxa estreita ao longo da costa (cunha probabilidade entorno ao 90%), o que favorece a súa acumulación en costa (cunha probabilidade do 60%). Pola contra, engaden, os microplásticos (< 5mm) presentaron unha gran tendencia a dispersarse libremente cara o océano, podendo alcanzar calquera localización dentro do golfo estudado, “o que resulta preocupante pois o seu reducido tamaño dificulta as tarefas de mostraxe e recollida”