O Concello de Redondela solicitou unha reunión urxente coa Consellería do Mar da Xunta de Galicia para tratar a situación delicada da Confradía de pescadores

Información
Actualidad 20 Julio 2020
social youtube xornalgalicia   feed-image

IMG 20200720 151020A Cofradía San Xoán de Redondela está a pasar por unha situación delicada nos últimos tefradmpos, situación que se ve agravada por mor da crise económica derivada do COVID-19.

O pasado mes de xaneiro nomeábase unha nova Xunta directiva que pretendía mellorar a situación crítica que se arrastraba dende algún tempo, pero a chegada da pandemia obligou a realizar un parón na recollida que sumado ao peche da hostelería, produciu unha merma significativa das súas vendas.

 

Dende o Concello de Redondela, en contacto directo coa Cofradía, estase a colaborar na medida do posible para paliar os efectos económicos producidos por esta situación insóliota.

Entre outras actuacións o concello de Redondela dotou de medios preventivos a estas traballadoras co reparto de máscaras, así como coa colaboración na recollida das algas durante o pasado mes de maio, pondo a súa disposición maquinaria e medios técnicos humanos.

A que chegada de algas ás praias e a súa acumulación nos bancos de marisqueo contribúe un dos graves problema para as maricadoras, xa que supón unha ameaza para o molusco e contribuír un a coste en tempo e diñeiro inasumible, xa que o depósito dos residuos xera multitude de dificultades.

É intención do Concello continuar con esta colaboración, asumindo este tipo de actuacións puntuais, pero precisamos que a Xunta de Galicia, asuma as competencias que lle son propias e colabore coa cofradía e co Concello de Redondela para axudar a estes traballadores nun complicado momento económico.