O Concello de Vigo reservará unha zona da praia de Samil para actividades deportivas

Información
Actualidad 18 Junio 2020
social youtube xornalgalicia   feed-image

O alcalde, en rolda de prensa.O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este mércores de que o Concello reservará unha zona da praia de Samil, a máis próxima á desembocadura do río Lagares, para a práctica de actividades deportivas. O rexedor explicou en rolda de prensa que esta mesma semana levarase a cabo a medición visual de cuadrículas que poderán estar listas nos vindeiros días. “Temos moita demanda para habilitar un espazo deportivo en Samil, na zona do Lagares na que se celebran varias especialidades, e imos a permitir que se poida face deporte de acordo coas normas sanitarias”, sinalou.

En calquera caso, o alcalde tamén matizou que se as condicións meteorolóxicas son boas e aumenta a afluencia de bañistas ao areal retornaría o uso da zona. “Tan pronto como o aforo da praia quede insuficiente se paraliza a actividade deportiva e dedícase a bañistas, imos a intentar compatibilizar todas as actividades”, apuntou.

Descargar todas as imaxes