OS SOCIALISTAS ACUSAN AO GOBERNO DE DESENTENDERSE DO PLAN DE SINALIZACIÓN DE BATEAS DO ANO 2015

Información
Actualidad 22 Noviembre 2019
social youtube xornalgalicia   feed-image

Patricia Otero Rodríguez lamenta a falla dunha resposta convincente por parte da Xunta ante a súa pregunta en Comisión sobre os avances na execución do Plan de sinalización de bateas, á espera dende 2015

 

Santiago de Compostela, 22 de novembro do 2019. A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero Rodríguez, denunciou que a Xunta “segue sen tomar medidas contundentes para garantir a seguridade marítima nas nosas rías e a Xunta segue botando balóns fóra. Así o dixo do debate dunha pregunta oral, hoxe en Comisión Parlamentaria, para coñecer os avances no Plan de sinalización de bateas acordado en 2015.

 

A responsable socialista explicou que o Plan de Sinalización de Bateas constitúe un claro exemplo de como a Xunta incumpre sistematicamente os acordos parlamentarios, así como aos seus propios anuncios e compromisos que lonxe de executarse vense que son anuncios meramente propagandísticos. Lembrou que a sinalización das bateas e portos foi obxecto dun acordo parlamentario en 2017 e 2019, pero que aínda así foi “esquecido” polo goberno galego.

 

Otero alertou “do perigo potencial dos en torno a 3.300 artefactos que se estimaba que flotaban nas rías galegas” no ano 2015, co que o goberno da Xunta comprometérase a rematar o Plan de sinalización de bateas para o ano 2017 pero a día de hoxe segue sen estar finalizado.

A parlamentaria socialista considera “escusas de mal pagador” que o goberno galego se escude nunha suposta complexidade do proxecto e o gran número de actores que interveñen na súa realización.

No ano 2017 acadárase un novo prazo por parte dos populares para o cumprimento do Plan. Afirmaban que en 3 anos o proxecto estaría rematado pero a día de hoxe seguen sen darse pasos importantes de cara a súa consecución.