O PPdeG non soo deixa morrer pacientes nas salas de urxencias hospitalarias por falla de persoal senon que ahora se suma o abandono das obrigas ante o perigro da vida dos mariñeiros na costa galega,
A FGAMT-CIG vén de denunciar que o helicóptero do servizo de Gardacostas de Galiza “Pesca 2”, con base en Viveiro, se atopa fóra de servizo por avaría desde o día 24 de outubro.
Para a FGAMT resulta gravísimo que o helicóptero que ten como misión o servizo de garcostas, inspección pesqueira e busca e salvamento na costa da mariña lucense e parte da Coruña se atope inoperativo, "pois isto supón un enorme problema de seguridade no mar".
No caso de ocorrer unha emerxencia que precisase da súa intervención, esta zona, así como gran parte do interior de Galiza, "estarían sen recursos para lles facer fronte", advirte Francisco Cartelle.
A FGAMT-CIG pregúntase se non contar con este recurso é o que o Goberno da Xunta de Galiza entende por garantir a seguridade dos mariñeiros e das mariñeiras ou se este é o xeito de garantir a seguridade da nosa flota. "Unha vez máis, fica demostrada a enorme precarización que se produce ao privatizar servizos, neste caso dos máis básicos como son os que teñen por obxectivo manter a seguridade das persoas", subliña.
Helicópteros vendidoas á empresa adxudicataria
Hai que lembrar que os helicópteros Pesca 1 (con base en Vigo) e Pesca 2 (con base en Viveiro) foron vendidos pola Xunta á empresa concesionaria do servizo (Babcock MCS España), supostamente por quedárense xa obsoletos. Curiosamente estes aparellos son os que agora seguen a prestar o servizo polo que a Xunta paga un arrendamento á empresa adxudicataria.
A dotación de persoal do servizo de helicóptero está composto, entre pilotos, mecánicos e rescatadores, por unhas 40 persoas.
" Rosa Quintana y Lino Sexto, presagio de muerte en la Mar ...
https://diariomaritimo.com › 6339-rosa-quintana-y-lino-sexto-presagio-de-...
5 nov. 2017 - Rosa Quintana y Lino Sexto, presagio de muerte en la Mar", el litoral de Galicia regado de cadáveres sin ningún tipo de explicaciones ni ...
Rosa Quintana “PRESAGIO ... - Xornal de Galicia para el Mundo
https://xornaldegalicia.es › portada › 11714-rosa-quintana-presagio-de-neg...
19 dic. 2017 - Rosa Quintana “PRESAGIO DE NEGOCIO Y MUERTE EN LA MAR” bajo objetos flotantes no identificados campando a sus anchas sin control.
Fallece un hombre al volvar su embarcación ... - Xornal Galicia
9 dic. 2017 - Rosa Quintana convoca a los ciudadanos a solicitar los títulos de embarcación ... como "PRESAGIO DE MUERTE Y NAUFRAGIO EN LA MAR".