Imprimir
Categoría: Actualidad

Ana Pontón, entra na política Nacional para recordar que miles de persoas segan morrendo no mar.

Información
Actualidad 01 Septiembre 2019
social youtube xornalgalicia   feed-image

Pontón avogou hoxe en Salvaterra de Miño por cambiar a política migratoria europea que non reacciona ante  a violación de dereitos humanos e que miles de persoas morran no mar na busca dun lugar de acollida. Pontón lembrou que na maior parte dos casos de  homes e mulleres que se ven obrigados a fuxir  de Africa, fano para fuxir das guerras.

 

Na celebración da  XXXIII edición da Festa da Poesía do Condado en Salvaterra de Miño ( Cita Mariano Rajoy; ¡ Viva el vino ! ),  Pontón apelou a un cambio nas  políticas regresivas da Unión europea por outras que permitan  a acollida das  persoas que foxen das guerras en Africa, conflitos bélicos, na súa maior parte,  iniciados polas grandes potencias e intereses europeos.

A portavoz nacionalista avogou por mudar o odio  por políticas de  “respecto e solidariedade” ao que sumou un  cambio do marco internacional para impedir que a  xente continúe abandonando os  seus países.

No  Festival da Poesía do Condado, este ano centrado nos dereitos dos pobos, Pontón destacou que o debate sobre a migración debe ofrecer alternativas a todas as persoas que buscan un lugar “seguro” para vivir e que se ven abocadas a abandonar os seus países, por causas políticas ou económicas.