A Festa do Marisco presentarase este ano en Dublín

Información
Actualidad 25 Mayo 2018
social youtube xornalgalicia   feed-image

O cociñeiro Álvaro Fuentes do restaurante Meloxeira será o encargado de presentar o evento diante dos xornalistas da cidade irlandesa.

O Grove, 24 de maio de 2018. O vindeiro 13 de xuño terá lugar en Dublín a presentación da Festa do Marisco 2018. O evento celebrarse nesta cidade que conta con conexión aérea directa dende Galicia e contando coa colaboración de Turespaña que se ten encargado de tramitar o convite do acto. No mesmo participarán ata 40 medios de comunicación e contará coa correspondente presentación institucional por parte do Alcalde do Grove e a Concelleira de Turismo e unha posterior mostra de cociña en vivo. O encargado este ano de exercer como embaixador da cociña meca será o cociñeiro Álvaro Fuentes do restaurante Meloxeira.

 

A presentación do Concello do Grove celebrarase na Cooks Academy o día 13 ás 18.00 horas. Pero a promoción realizada este ano a nivel internacional verase cumprimentada coa participación do Grove na Feira Gastronómica máis importante de Irlanda. Trátase do "Taste of Dublín", un evento que recolle o mellor da cociña irlandesa e internacional e no que se dan cita chefs de recoñecido prestixio ademais de presentarse como un laboratorio da nova gastronomía. O día 14 será Álvaro Fuentes quen participe nunha da sesións destinadas a promocionar a unha demostración de cociña na que se promocionará a Festa do Marisco.

Ambas actividades supoñen un verdadeiro pulo para a promoción internacional da Festa do Marisco, seguindo a liña marcada nos anos anteriores. Debe reiterase a importancia de destinos como Dublín cunha conexión directa con Galicia que permite que os visitantes daquela zona poidan desprazarse ao Grove en calquera época do ano, incluída a Festa do Marisco. O Concello xa está ultimando os detalles da presentación que constará con produto de local de primeira calidade e material promocional específico para a ocasión.

[Máis info sobre o Festival: https://dublin.tastefestivals.com/chefs-personalities/ ]