Científicos alertan do futuro declive da diversidade tropical

Información
27 Mayo 2020
social youtube xornalgalicia   feed-image

As zonas peláxicas cobren a gran maioría da superficie da Terra e constitúen o maior ecosistema do planetaAs zonas peláxicas cobren a gran maioría da superficie da Terra e constitúen o maior ecosistema do planeta

O artigo no que toma parte o profesor da USC Andrés Baselga empregou rexistros fósiles para reconstruír patróns do pasado e realizar proxeccións futuras sobre a biodiversidade mariña global se continúa o actual escenario de emisións de CO2

 

O estudo empregou rexistros fósiles para reconstruír os patróns de biodiversidade oceánica global da última glaciación, hai 20.000 anos, e do período preindustrial antes de 1800. "Estes patróns foron empregados para construír modelos cos que realizar proxeccións da biodiversidade mariña global no futuro, concretamente en 2090", explica Baselga. Usando foraminíferos —un grupo de protistas ameboides— fósiles como "xanela" para ver os ecosistemas peláxicos pasados ​​a través dos seus ricos rexistros fósiles, os autores descubriron un descenso ecuatorial na diversidade durante o período preindustrial, que se agudizará de cara ao final deste século debido ao quecemento climático.

Emisións de CO2

O moderno declive da diversidade tropical comezou probablemente durante o quecemento do clima despois da última idade de xeo hai uns 15.000 anos. Con todo, a magnitude do declive proxéctase que será amplificada mediante o quecemento antropoxénico. A finais do século XXI, a diversidade tropical pode diminuír ata niveis non vistos durante millóns de anos se o futuro se aliña co actual escenario de emisións de CO2.

"Ao usar rexistros de fósiles descubrimos que o descenso da diversidade nas rexións ecuatoriais do océano é causada por cambios na distribución das especies como consecuencia do quecemento do océano despois da última idade de xeo", continúa Chih-Lin Wei, profesor da Universidade Nacional de Taiwán. As zonas peláxicas cobren a gran maioría da superficie da Terra e constitúen o maior ecosistema do planeta. É, asemade, fogar do plancto, que desempeña un papel chave na cadea alimentaria, fundamental para as especies depredadoras cada vez máis ameazadas polo cambio climático e con importantes consecuencias económicas.

"Estes vínculos claros entre o quecemento e a biodiversidade tropical reducida significan que a finais deste século, a diversidade oceánica no ecuador pode caer ata un nivel sen precedentes na historia humana", conclúe Derek P. Tittensor, profesor da Universidade de Dalhousie e tamén asinante do artigo.

Administrar una empresa en la era digital puede parecer una tarea dificil, pero con las herramientas adecuadas, se convierte en un proceso manejable y hasta gratificante. La tecnología ha avanzado a...

Corría la noche del 14 de abril de 1912 cuando el Titanic sufrió su fatídico accidente. El barco, un buque “insumergible” de 269 metros de eslora y un peso de 46000 toneladas, zarpó con más de dos...

Las ventajas de contar con un buen software ERP son más que conocidas. Eficiencia, mejora en la productividad y ahorro de costes operativos son solo tres de ellas. Hacerlo posible gracias al Kit...

  AltaLingua cumple 17 años ofreciendo servicios lingüísticos integrales a todos los idiomas. AltaLingua trabaja desde 2005 con la visión de convertirse en una agencia de referencia en el...