Las mujeres del Mar, cambiaron de zona de marisquero, abandonan la Mar por los fondos públicos bajo chiringuitos de foros, jornadas y un largo etc...

Información
20 Junio 2019
social youtube xornalgalicia   feed-image
Achegas das Mulleres á sustentabilidade do mar en Redondela

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, xunto á deputada provincial, Isaura Abelairas, á alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, a profesora e comisaria da exposición Mari Lires, e as mulleres e homes da confraría de Redondela, asistiu esta mañá á inauguración da mostra itinerante "Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar" na lonxa de Cesantes, unha iniciativa promovida pola institución provincial en colaboración coa Universidade de Vigo para darlle visibilidade ao papel da muller no ámbito mariño. Silva puxo en valor que "esta é a primeira vez que a exposición chega a unha lonxa e creo que non podería estar en mellor sitio porque nós somos mar, vimos do mar, e as lonxas forman parte da nosa vida, da nosa economía e da autenticidade do que nos constrúe como persoas".

 

A presidenta provincial tamén enxalzou que "o sector pesqueiro non se entendería sen o papel fundamental das mulleres en todas as áreas: desde redeiras e comercialización ata conserva ou marisqueo" e engadiu que "esta mostra, estes materiais, pretenden poñer en valor a achega das mulleres a actividades ligadas ao mar e tamén a sustentabilidade". Neste eido, Carmela Silva amosou a súa preocupación porque "estamos destruíndo o mar dunha forma gravísima, só temos que ver as imaxes que están a saír estes días, que arrepía ver o que está pasando co cambio climático" e destacou que "sen océano non hai vida e por isto queriamos ligar nesta exposición o que as mulleres aportaron co seu traballo á sustentabilidade do mar". Para rematar, Silva tamén destacou "o proxecto de concienciación en festivais musicais, en praias, en festas, en concellos" que a institución provincial vai poñer en marcha "en contra dos plásticos, para que saquemos os plásticos da nosa vida porque están facendo un terrible dano ao mar".

Pola súa banda, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, agradeceu á Confraría e á Asociación o seu interese por acoller a exposición, e animou a todas as veciñas e veciños a visitala na lonxa "porque poderán ver e emocionarse coa nosa historia, xa que Redondela está unida ao mar desde sempre, desde fai moitísimos anos". A alcaldesa lembrou que boa parte da veciñanza de Redondela tivo e segue a ter nas súas familias "bisavoas, avoas, e nais, mulleres bravas todas elas que pescaban, mariscaban e sacaban do mar o sustento para levar a casa". "Esta mostra, dixo Rivas, fala de nós, do que fomos e do que seguimos a ser". Digna Rivas agradeceu tamén a presenza da presidenta da Deputación na inauguración "xa que se trata do meu primeiro acto oficial como alcaldesa e nada podía emocionarme tanto como estar hoxe aquí".

A lonxa de Cesantes acollerá esta mostra ata o vindeiro 7 de xullo e poderá visitarse de luns a domingo en horario de 8:30 a 14:30 horas. "Achegas das mulleres do mar" chega a Redondela tras o seu paso por múltiples lugares da provincia, ademais tamén de polo campus de Ourense. Así, estivo xa no centro da UNED en Pontevedra, no auditorio municipal de Cangas, na sala de exposicións do Concello do Rosal, nos salóns de plenos de Cambados e de Nigrán, no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó en Poio, na praza de Abastos de Mondariz, no Museo do Mar da Guarda e nos Campus de Vigo e de Pontevedra. De feito, foi neste último campus e da man da directora do proxecto, María Álvarez Lires, onde xurdiu a idea de impulsar unha exposición para darlle visibilidade ao papel da muller e á súa contribución na economía do mar, poñendo en valor o traballo que as mulleres desenvolveron ao longo dos séculos.

A mostra está composta por vídeos, fotografías de redeiras, de mariscadoras, de vendedoras de peixe, de mulleres salgando ou conservando, científicas como a oceanógrafa Ángeles Alvariño ou a que fora directora do Instituto Español de Oceanografía Aida Fernández. "Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar" recolle tamén imaxes, moitas delas inéditas, que serven para recuperar nas aulas o ocultado saber das mulleres do mar e promover a igualdade e a acción positiva entre as e os futuros profesionais e científicos.