As praias de Vigo verán ampliado o seu servizo de socorristas despois de que o Pleno da Corporación Municipal aprobase por unanimidade unha moción do grupo municipal da Marea

Información
24 Abril 2019
social youtube xornalgalicia   feed-image

A acordo implica que haxa salvamento desde o 1 de xuño ao 30 de setembro, ademais dos fins de semana posteriores cando exista afluencia de bañistas.

Os tres grupos municipais aprobaron este mércores unha moción da Marea de Vigo instando ao goberno local a tramitar a ampliación do servizo de salvamento e socorrismo desde o 1 de xuño ao 30 de setembro, así como as fins de semana dos meses posteriores de existir afluencias notables de bañistas aos areais vigueses.


A proposta, defendida polo concelleiro Rubén Pérez, saíu adiante por unanimidade e nela tamén pediu ao goberno municipal que realice un estudo de necesidades económicas e de modificación do prego. Tanto Diego Gago, polo Partido Popular, como Chus Lago, edil de Medio Ambiente, estiveron de acordo na necesidade de ampliar o servizo.