Augas de Galicia anuncia a limpeza dun tramo do Con á altura de Rubiáns

Información
Rios de Galicia y España 15 Noviembre 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image
 
14.11.2016.- Este tramo foi precisamente a zona marcada prioritaria na visita que hai uns días fixo á zona un Garda Fluvial de Augas de Galicia en resposta á petición realizada polo Concello meses atrás, cando se remitiu a Augas de Galicia un completo dossier do estado dos ríos e regatos de Vilagarcía para advertir da necesidade de limpeza dos mesmos antes da temporada de chuvias. Tras coñecer as impresións do técnicos, o Concello xa se encargou hai uns días de retirar unha o tronco dunha árbore tombada sobre o río á altura da Laxe e que obstruía o normal correr das augas favorecendo ademais a creación dun tapón ao reter neste punto todos os restos que baixaban polo río.
A actuación que desenvolve agora Augas de Galicia consiste na “retirada de árbores caídas na canle e doutras secas de pé con perigo de caída”. Para a realización dos traballos, indican que os medios a utilizar serán motoserras e tractor.
Os traballos realízanse a través do contrato subscrito por Augas de Galicia para o servizo de actuacións de conservación, mantemento e mellora do dominio público das bacías de Galicia-Costa no ámbito territorial da zona Galicia Sur e as súas zonas de acceso e protección.
O concelleiro de Medio Ambiente agradece a rapidez da actuación, e prega que o resto das medidas necesarias se acometan tamén coa maior brevidade dado que as choivas xa están a facer acto de presenza na zona e provocando problemas de inundacións.