Carmela Silva desexa todos os éxitos ao campión olímpico Fernando Echávarri na súa cita con Río 2016

Información
Galicia 05 Mayo 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, trasladou hoxe en nome de todos os pontevedreses e pontevedresas, o desexo de sorte e éxito ao dobre campión mundial e campión olímpico, Fernando Echávarri, antes da viaxe do regatista a Río para seguir estudando os campos de regatas onde este verán participará nos J.J.O.O. 2016.

O regatista, criado en Pontevedra, visitou á Presidenta provincial con quen departiu sobre a nova aventura olímpica que afronta e os durísimos preparativos que aínda ten previstos no próximos tres meses para chegar nas mellores condicións a Río. Xunto ao seu tripulante, Tara Pacheco, Echávarri conseguiu unha gran progresión e acaba de conseguir o ouro na Copa do Mundo de Hyeres en Francia.

O goberno provincial da nova Deputación de Pontevedra dedica este ano 300.000 euros a cubrir actividades extraordinarias como a participación dos nosos deportistas en Río.