Acusan a Rosa Quintana de facer un CIRCO co Mexilón de Galicia e de permitir importacións paralelas para etiquetalo como de Galicia, estafando presuntamente ao consumidor e destruindo sector galego

Información
Consellería do Mar Xunta de Galicia 13 Abril 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

OS SOCIALISTAS ACUSAN Á XUNTA DE PERMITIR “PRÁCTICAS ILEGAIS” NA CONSERVA POR VENDER MEXILLÓN  “CON ALUSIÓNS Á  ORIXE GALEGA” VULNERANDO A NORMATIVA DAS DOP


“A Xunta non aposta pola Denominación de Orixe Protexida, xa non somos líderes mundiais e as únicas beneficiadas son as algunhas conserveiras”, asegura José Ramón Val


Santiago de Compostela, 13 de abril de 2016. O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, acusou hoxe á Xunta no pleno do Parlamento de permitir “prácticas ilegais” na conserva por vender mexillón “con alusións á orixe galega”, vulnerando a normativa de protección das DOP.


Nunha interpelación na que criticou ao goberno galego por “beneficiar a algunhas grandes conserveiras en contra da Denominación de Orixe Protexida do Mexillón de Galicia”, lembrou a recente sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra, asinada por tres maxistrados, na que declara que incluír alusións á orixe galega da etiquetaxe das conservas de mexillón con produto foráneo e non certificado pola DOP “é competencia desleal”.


Os socialistas lamentan que a Xunta ampare “ás grandes empresas en lugar de ao produto galego e ao consumidor”. A  estratexia das grandes conserveiras, explicou Val, pasa por “meter nas latas produto foráneo con definicións vagas e imprecisas aludindo a un produto elaborado nas rías galegas, cando isto non é certo e supón un claro fraude ao consumidor”.


Sinala que “aos conserveiros saelles moito máis económico traer producto de fóra, e o Goberno Galego está consentindo a fraude ”. “A Xunta non aposta pola Denominación de Orixe Protexida, xa non somos líderes mundiais e as únicas beneficiadas son as grandes empresas de Anfaco”, asegura José Ramón Val.


“Falamos dun sector vital e a conselleira o único que fai é falar do alcance da DOP unicamente ao mexillón en fresco en alusión a un ditame do ano 2003, cando non foi rexistrada ata 2007”, engadiu o deputado socialista, que esíxelle ao goberno galego que ampare aos produtores galegos “para darlle valor á primeira DOP do mar de toda Europa e para que os consumidores teñan toda a información e poidan escoller un produto galego nos supermercados”.