FINALIZA O PROCESO DE SELECCIÓN DOS TRES SOCORRISTAS QUE PRESTARÁN SERVIZO NA PRAIA FLUVIAL CON BANDEIRA AZUL DE PONTE CALDELASFINALIZA O PROCESO DE SELECCIÓN DOS TRES SOCORRISTAS QUE PRESTARÁN SERVIZO NA PRAIA FLUVIAL CON BANDEIRA AZUL DE PONTE CALDELAS

Información
Galicia 30 Junio 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image

A vixilancia estará activa desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto e forma parte das esixencias de ADEAC para manter este distintivo de calidade que a Plataforma  Marítima (PLADESEMAPESGA) considera prsuntamente o timo da estampita.

Ponte Caldelas, 30 de xuño de 2015

O Concello de Ponte Caldelas finalizou o proceso de selección dos tres socorristas que prestarán os seus servizos na praia da Calzada, primeira zona de baño destas características en España galardoada coa Bandeira Azul.

Os socorristas tiveron que superar unha proba teórica e outra práctica de salvamento realizada na propia zona de baño da praia fluvial supervisada por técnicos do Concello que realizaron o exame.

O contrato destes tres socorristas enmárcase dentro do programa de fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración das entidades locais para a contratación de traballadores desempregados, que conta cunha subvención da Consellería de Traballo e Benestar.

Os socorristas percibirán un salario dentro do convenio colectivo de Instalacións Deportivas e Ximnasios da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa duración dependerá da resolución da concesión de subvención por parte da Consellería de Traballo e Benestar.

En principio o alcalde, Andrés Díaz, manifestou que o desexo do equipo de Goberno é manter a presenza continuada e por quendas dos quendas desde o 1 de xullo ata o 31 de agosto, como obriga ADEAC pola concesión da Bandeira Azul.

Andrés Díaz sinalou que o compromiso do Concello de Ponte Caldelas coa Bandeira Azul e co medio ambiente era unha cuestión irrenunciable e manifestou que a dotación de tres socorristas para esta praia é unha aposta clara pola seguridade e a mellora de instalacións e servizos que está a impulsar o equipo de goberno na área recreativa de A Calzada e toda a súa zona de baño.