Podemos Pontevedra e Salvemos Pontevedra consideran a prórroga de ENCE prevaricación e unha vergonza deshonesta e corrupta

Información
Galicia 26 Enero 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

(Pontevedra, 25 xaneiro 2016).- Podemos Pontevedra e o colectivo Salvemos Pontevedra consideran que a prórroga a ENCE asinouse de costas á sociedade pontevedresa que na súa maioría solicitaba que non se ampliase esta concesión e que ENCE pechase en 2018. De feito, e como explican ambos grupos o grupo empresarial ENCE S.A. nin siquiera ten concesión, porque o expediente de caducidade non está resolto , polo que prorrogársea é prevaricar. Neste senso, a prórroga non procede e non existe un 2018. É un despropósito político soamente pagable con portas xiratorias como a de Carlos do Álamo e Isabel Tocino, ambos ex Conselleiro e ex Ministra de Medio Ambiente do PP e os dous sentados no consello de administración de ENCE. Non podía ser doutro xeito: ENCE tiña que permanecer na Ría. Soamente así se explica que o PP se negase a dar cumprimento á sentenza do Tribunal Supremo do 11 de xullo de 2014, que confirmaba a Audiencia Nacional o 19 de maio de 2011, que condenaba á Administración á incoación do expediente de caducidade da concesión e á adopción de todas as medidas legalmente contempladas para a paralización das actividades e suspensión do uso e explotación das instalacións. Ademais concedese a Autorización Ambiental Integrada a ENCE e seguidamente modificase a Lei de Costas, xustamente no sentido no que o necesitaba a pasteira para permanecer moitos máis anos aquí dos que viviremos moitos de nós. A absoluta falta de honestidade que demostrou o goberno do PP en funcións, hipotecando á cidade de Pontevedra ata o ano 2073 é só comparable á pouca vergonza dos casos de corrupción que salpican aos altos cargos de Génova. Un goberno en funcións que non dubida en asinar concesións a empresas para sempre, mentres lle nega ó resto de grupos políticos que representan a millóns de cidadáns facer ou seu traballo defendendo intereses sociais. Non cabe a menor dúbida que Feijóo sabía o que ía acontecer neste xaneiro de 2016, xa que logo de pasar por riba do Concello de Pontevedra declarando o proxecto de Lourizán supramunicipal e de validar ambientalmente a ENCE, de xeito unilateral e de costas a tódolos galegos e galegas , ven a esconderse nestas datas como o leva facendo dias atrás trala presentación do proxecto de lei de acuicultura que será a morte do sector pesqueiro e marisqueiro de Galicia. O Goberno do cambio está a chegar e con iso virá a derogación desta ultraxe á sociedade de Pontevedra.