CAMPIONATO GALEGO DE NATACIÓN JUNIOR E ABSOLUTO

Información
Deportes 26 Junio 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image

O venres 26 de xuño o Club Natación Arteixo viaxa a a pontevedra para participar no Campionato Galego Junior e Absoluto de verán. Consta de cinco sesións e competirán dende o venres pola tarde ata o domingo.

O club arteixán asiste con 13 deportistas, 8 que participarán como Absolutos, 3 como Junior, e 2 como Junior e Absolutos que participarán nun total de 24 probas femininas, 22 masculinas e 10 remudas.

Poderíamos decir que o Club Natación Arteixo está acadando esta tempada a maioría de idade: celebran os dez anos de historia; ascendenderon a División de Honra e asisten a este campionato, un dos importantes da tempada, con nove nadadores e nadadoras maiores de 18 anos, algo de moito valor nun deporte con un abandono tan precoz.