Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, defendeu hoxe “un goberno forte que saiba negociar e esixir cotas de pesca en Europa e que as saiba repartir en España”. Así o dixo na súa visita á lonxa de A Coruña, onde reivindicou un goberno que defenda ao sector da pesca “tan importante para Galicia e para España”.

Gómez Besteiro reclama un reparto xusto nas cotas de pesca que están asfixiando aos mariñeiros galegos, nomeadamente o sector do cerco, no que representa un “problema estrutural” para todo o Estado. Criticou os “catro anos perdidos” de Rajoy á fronte do goberno e esixiu un Executivo “extremadamente duro” á hora de negociar as cotas na UE para “defender os intereses españois e galegos para un reparto xusto de cota”.

Galicia, dixo, “necesita volver á normalidade” logo de catro anos que puxeron ao sector primario “do revés, cos mariñeiros na terra, acampados protestando a escasos 20 metros do despacho de Feijóo en San Caetano” e os gandeiros “en lugar de estar no campo teñen que ir á cidade a protestar polos prezos do leite”. Reclamou “poñer en marcha ao sector primario, unha das partes máis importantes para o desenvolvemento do país”.

Pacto de Rajoy

O líder dos socialistas galegos pediu o voto para “un goberno forte, liderado por Pedro Sánchez” fronte a un Mariano Rajoy que onte comezou a “facer ofertas a partidos como Ciudadanos” como “un chamamento desesperado dun candidato agónico” que se atopa “na liña descendente, sabe que vai deixar de ser presidente”.

Así llelo dixo na Coruña, onde celebrará un mitin logo da intervención de Pablo Iglesias que “estase confirmando como teloneiro de Rajoy”. O presidente saínte, dixo, “sabe que Pedro Sánchez está subindo en apoios, que cada vez hai menos indecisos porque están incorporándose ao PSOE e que iso significa a fin do seu goberno”.

Desafiouno a aproveitar a súa visita a Galicia para “dicir o que non foi capaz en catro anos, defender a Galicia nunha España máis forte, como defendemos os socialistas”, cun candidato como Pedro Sánchez “capaz de ofrecer un proxecto de goberno e deixar atrás as políticas tan dramaticamente duras como as do PP”.{jcomments on}

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

PLxH AyTP Pladesemapesga protecciondenunciante

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +