Asegura a deputada Marisol Soneira sobre o Goberno de Feijóo. “Non teñen respecto nin polos traballadores dos servizos de emerxencias nin polos concellos” NO DESMANTELAMENTO DOS SERVIZOS DE SALVAMENTO MARÍTIMO

Información
Consellería do Mar Xunta de Galicia 25 Noviembre 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image

Os socialistas galegos criticaron hoxe no pleno do Parlamento a “descoordinación” na xestión das emerxencias en Galicia, amosando a súa especial preocupación polo desmantelamento dos servizos de Salvamento Marítimo.

En resposta a unha comparecencia do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a deputada socialista Marisol Soneira manifestou no comezo da súa intervención que “está moi ben falar da xestión das emerxencias, é un tema moi importante, pero resulta curioso que o vicepresidente compareza por este asunto e rexeite falar do que pasa co presidente da Deputación de Ourense, da paralización do proceso xudicial dos cursos de formación porque a Xunta non envía información ou do que pasará nos concellos o 31 de decembro coas últimas modificacións de Montoro”.

Con respecto ás emerxencias, Soneira demandou “que se teña en conta aos traballadores, nos cambios no 112 ou nas emerxencias médicas a Xunta demostrou que non o fai”. Os socialistas esixen ademais melloras nas condicións laborais dos bombeiros forestais.

“A maior parte das emerxencias en Galicia veñen do mar e as decisións que tomou o goberno de Núñez Feijóo na Costa da Morte dificultan o traballo dos helicópteros cando hai un accidente, anularon a base de Salvamento Marítimo”, lembrou Soneira.

Os socialistas demandan tamén “un maior diálogo cos concellos para o funcionamento dos GES, teñen que aclarar que pasará co convenio que lle propuxeron á Fegamp”, á marxe dunha maior coordinación entre os servizos de emerxencia galegos e do norte de Portugal.{jcomments on}