Ratio: 0 / 5

Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Lei de Augas de Galicia e a Lei de Emerxencias inclúen medidas extraordinarias nun caso deste tipo, pero o Goberno galego non fixo nada”, asegura Beatriz Sestayo

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2015. A deputada ferrolá Beatriz Sestayo esixiu hoxe no pleno do Parlamento responsabilidades políticas por parte da Xunta “na crise da auga potable de Ferrol” e criticou a ausencia da Consellería de Sanidade no gabinete de crise.

“O desleixo foi absoluto por parte da Xunta nun suceso que tivo a 150.000 persoas de cinco concellos co seu consumo restrinxido durante cinco días no mes de xullo”, lembrou Sestayo, que criticou que mentres os gobernos locais constituían un gabinete de crise para repartirlle milleiros de litros de auga potable á poboación, coa participación do exército e camións cisterna circulando polas rúas, o goberno galego “renunciaba a asumir a súa responsabilidade en saúde pública, coordinación nun gabinete de crise supramunicipal, atención aos servizos públicos ou emerxencias”.

“O goberno galego renunciou a cooperar –sinalou nunha pregunta oral á conselleira Rocío Mosquera- e Rueda limitouse a sinalar que a situación non era tan grave mentres o seu portavoz parlamentario, o deputado Tellado, acusaba ao goberno de Ferrol de envelenar á poboación e Feijóo tiña a ben achegarse a Doniños tan só para tomar algo nun chiringuito”.

Logo de catro días, dixo, a delegada de Sanidade compareceu no gabinete de crise “para insultar aos representantes da administración local e deixalos plantados a continuación”, logo de desatender a toda a cidadanía de Ferrolterra.

Por último, Sestayo engadiu que “tanto a Lei de Augas de Galicia como a Lei de Emerxencias inclúen medidas extraordinarias para casos de este tipo, como o subministro de auga á poboación, pero a Xunta non fixo absolutamente nada”. Na súa resposta, a conselleira Rocío Mosquera non foi quen de explicar a ausencia do seu departamento nesta crise.{jcomments on}

 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....

PLxH AyTP Pladesemapesga protecciondenunciante

Indecencia y falta de ética política de  las mareas bajo @XulioFerreiro + y @martinhonoriega +