OS SOCIALISTAS PÍDENLLE Á CONSELLEIRA ROSA QUINTANA “QUE SE MARCHE Á SÚA CASA” POR NON SER CAPAZ “DE GARANTIR A VIABILIDADE DO CERCO GALEGO E IMPEDIR A SÚA RUÍNA”

Información
Consellería do Mar Xunta de Galicia 16 Septiembre 2015
social youtube xornalgalicia   feed-image

Vostede renunciou a defender aos profesionais do mar, que xa tiveron que pedir en xuño o mecanismo de flexibilidade”, asegura José Ramón Val

Santiago, 16 de setembro de 2015. Os socialistas galegos pedíronlle hoxe no pleno do Parlamento á conselleira do Mar, Rosa Quintana, “que se marche á súa casa” por non ser capaz “de garantir a viabilidade do sector do cerco galego e impedir a súa ruína”.

Nunha interpelación, o portavoz de Pesca do PSdeG, Juan Ramón Val, lamentou que a conselleira “renunciara a defender aos profesionais do mar e a solucionar os seus problemas, está vostede amortizada e non é máis que o parapeto do presidente da Xunta”.

“Cando falamos do cerco galego falamos de 159 embarcacións e máis de 1.500 persoas”, lembrou o deputado socialista, que censurou que “a irrisoria cota de bocarte da que dispón a flota galega” na zona CIEM IX A “está a causar uns importantes prexuízos aos barcos galegos de cerco, que levan xa varios anos sufrindo un trato totalmente discriminatorio”.

Galicia dispón do 1,14% do total da cota desta especie para a zona IX A, “unha cantidade insuficiente que ten suposto o peche da pesquería desde febreiro do ano en curso”, xa que “dos últimos intercambios que o Goberno español realizou co Goberno portugués, a Galicia únicamente lle corresponderon 12 toneladas fronte as 1.100 toneladas que marcharon para Andalucía, e todo isto diante dun Goberno galego totalmente impasible e submiso”, denunciou.

Val apuntou que “o anterior secretario xeral de Pesca do ministerio asumira no seu momento a posibilidade de flexibilizar e poñer a dispor do sector máis cota se chegado o momento fose preciso”, compromiso que a día de hoxe non se ten materializado.

“O único que pedimos é unha posición política en defensa da flota galega, os profesionais xa pediron en xuño a aplicación do mecanismo de flexibilidade, que permite traspasar cota do ano seguinte”, rematou o voceiro de Pesca do PSdeG.{jcomments on}