Daniel Rodas explicou que as especiais características da flota galega aconsellan facilitar a construción de novas unidades pesqueiras para a rendibilidade económica nos bancos pesqueiros nos que faenan

Información
Portada 06 Abril 2016
social youtube xornalgalicia   feed-image

Daniel Rodas

O parlamentario do BNG, Daniel Rodas pediu hoxe á Xunta que inste ao Goberno central co fin de acadar “un marco de excepcionalidade” para a flota de arrastre de gran altura para facilitar “a renovacións das unidades operativas e poder contar coas melloras que ofrecen os rexistros especiais”.

Na súa intervención, o nacionalista sinalou que as características da flota galega de arrastre de altura fan aconsellable acometer unha regulación específica para facilitar a construción de novas unidades pesqueiras que facilitarán a rendibilidade económica, a longo prazo, e pola boa situación dos bancos pesqueiros nos que faenan como “acaba de acontecer coa flota do atún”.Estamos a falar, dixo de 32 unidades atuneiras que pescan 250 toneladas de atún ao ano e moven máis de 420 M€ polo que reiterou a necesidade das mesmas condicións para que a flota galega poda construír novas unidades e acollerse ás melloras dos rexistros especiais.

 O deputado criticou que o goberno central non considerara no seu informe a flota galega e sen embargo privilexiou á flota vasca. Porqué é discriminada a flota galega e non temos os menos dereitos que a flota vasca? preguntou..

Pola súa parte, o portavoz do Partido popular, José Manuel Balseiro anunciou o seu voto en contra á iniciativa nacionalista se non era aceptada unha emenda de substitución do PP ao texto nacionalista ao que o parlamentario do BNG replicou que a emenda popular “ non aporta ningunha novidade” nin engade ningunha mellora polo que anunciou que non aceptaba a emenda.

O deputado reiterou que mentres a flota galega está sometida a un plan de axuste, a flota vasca do atún pode crecer 21.000 toneladas, sete novas unidades. Neste sentido, denunciou que a Xunta de Galiza, tras ser consultada non defendeu os mesmos criterios para a flota galega de altura.

A proposición non de lei foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular e a abstención do AGE.