Información
Enviar por ; Correo electrónico

O goberno local encarga a Eptisa un estudio integral da fachada marítima para incluír na revisión do PXOUM

Información
Diario Marítimo ; 04 Julio 2015 ; 1636 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 
novo Plan Xeral de Ordenación urbana Municipal de Vilagarcía incluirá un estudio específico e integral da fachada marítima do municipio e recollerá as medidas oportunas para impedir a implantación de grandes áreas comerciais. Estes foron so dous aspectos tratados na primeira reunión de traballo que o equipo de Alberto Varela mantivo hoxe cos responsables e técnicos de Eptisa para reactivar a revisión do PXOM despois do estancamento que sufriu no últimos catro anos do goberno popular.
sendbinaryNo encontro desta mañá participaron por parte do Concello o alcalde, a concelleira de Urbanismo, Paola María e os dous técnicos municipais; mentres que por Eptisa estiveron o delegado da consultora en Galicia, Vicente Halcón, e os arquitectos Alfonso Botana e Ana Bértalo. Aínda que a responsable de Urbanismo xa mantivera conversas previas coa consultora, a de hoxe foi a primeira reunión de traballo propiamente dita e a que serviu para sentar as bases e criterios da revisión.
Varela Paz explicou que o novo PXOUM de Vilagarcía debe plasmar o modelo de cidade proposto polos socialistas e que apoiou a maioría dos vilagarciáns nos pasados comicios. O planeamento terá que ir dirixido a conseguir unha cidade na que o peón sexa o protagonista das rúas, sen problemas de mobilidade e aberta ao mar. Precisamente en relación a este último punto o goberno local dou instrucións a Eptisa de elaborar un estudo integral da fachada marítima de Vilagarcía, xa que o anterior goberno non deixara previsto este aspecto e o equipo de Varela considera “necesario e imprescindible” nunha cidade como Vilagarcía.
Este estudo da fachada marítima pretende que “Vilagarcía deixe de vivir de costas ao mar, debe abrirse e relacionarse de forma sostible e respectuosa coa ría”. Tanto o rexedor como a concelleira de Urbanismo fixeron fincapé en que este estudo debe aportar solucións ás dificultades e impedimentos que atopan actualmente os propietarios para rehabilitar ou construír vivendas nos núcleos urbanos consolidados da liña costeira.
Varela Paz tamén comunicou á consultora a súa intención de crear unha Comisión de Seguimento da revisión do PXOUM da que, ademais do goberno, técnicos municipais e de Eptisa, tamén formen parte todos os grupos da oposición. “Este goberno quere que o proceso de revisión sexa transparente, que todos os grupos da Corporación estean ao corrente dos avances dos traballos e tamén que teñan a oportunidade de presentar as súas propostas e achegas a medida que se vai construíndo o documento”.
Na reunión desta mañá, o goberno tamén manifestou a súa preocupación por que a nova Lei do Solo na que está a traballar a Xunta de Galicia poida interferir na revisión do Plan. Os responsables de Eptisa confirmaron que a tramitación da lei coincidirá case con toda seguridade coa redacción do ordenamento urbanístico vilagarciá, co que obrigará a ir reaxustando o documento sobre a marcha para adaptalo aos cambios que a lei poida establecer.
Unha prioridade do novo goberno
Por último, o goberno local trasladou ao equipo de Eptisa a necesidade de que os traballos avancen coa maior axilidade posible, tendo en conta que o proceso iniciouse durante a época do bipartito PSOE-BNG e de que a tramitación quedou en suspenso nos últimos catro de goberno do PP. Baixo estes preceptos, a consultora comentou que poranse a traballar de inmediato no estudo da fachada litoral e nos planteamentos expostos polo goberno, e ámbalas dúas partes emprazáronse a unha nova reunión para seguir avanzando.
“A diferenza do anterior goberno de Tomás Fole, nós imos a acelerar ao máximo a revisión, porque o PXOUM é un documento esencial para o desenvolvemento do noso municipio; porque retrasalo supón un prexuízo moi grande para a cidade, e porque é un procedemento que require dun investimento público demasiado elevado como para deixalo morrer nun caixón por desidia ou incapacidade”, sentenciou Varela Paz.
 Buscador Grupo Pladesemapesga con tecnología de Google

En el motor de búsqueda te ayudamos a encontrar exactamente lo que buscas.

 AyTP Acción y Transparencia Publica..
Otros articulos relacionados.....